Martes, 14 de febreiro de 2023 de 16:00 a 20:00h
LOCALIZACIÓN: Diferentes zonas de Santiago de Compostela
Obxectivos
- Idear e crear o disfrace para a festa de Entroido temática.
- Estimular a imaxinación e potenciar a creatividade.
- Desfrutar dun momento agradable e distendido.
- Concienciar sobre a importancia de conservar as manifestacións e tradicións culturais propias, como o Entroido.
Descrición da actividade
A actividade nace da necesidade que manifestaron algunas das persoas residentes nunha das vivendas protexidas de precisar algún tipo de asesoramento para escoller e elaborar o disfrace que levarán á Festa de Entroido que a Asociación Itínera celebrará no Centro da Portela o venres, 17 de febreiro.
Trátase dunha festa temática á que as persoas asistentes deben acudir caracterizadas como personaxes de televisión/cinema. Como punto de partida da actividade, farase unha escolla das personaxes que máis lles gusten a cada participante ata que escollan unha. Unha vez realizada esta escolla, procederase a deseñar a idea dos elementos que compoñeran o disfrace e determinar os pasos a seguir para a súa confección: ver que cousas se poden empregar que xa teñan (roupa, decoración), realizar algunas das prendas reutilizando roupa vella, mercar materiais para realizar algunhas partes… É dicir, a máxima é:
- Reutilizar
- Reciclar
- Mercar só o estritamente necesario
- Botarlle moita imaxinación e pásalo ben!
Unha vez definido o plan de acción, procederase a buscar os elementos que compoñen o disfraz (incluíndo a visita aos bazares próximos, se fose preciso), e confeccionaranse na vivenda das persoas participantes, colaborando tanto os participantes, como eu en calidade de monitora.
Para finalizar a sesión, compartiremos lembranzas do Entroido e falaremos de como se celebraban nas nosas vilas.