Traballa con nós
PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2025/2026
EDUCADOR/A AMBIENTAL
Requisitos esenciais:
- Formación regrada na rama medioambiental (Bioloxía, C. Educación Ambiental, …)
- Título OFICIAL de monitor/a de actividades de tempo libre outorgado por unha escola de tempo libre oficial.
- Atoparse en situación de desemprego e como demandante de emprego (non vale mellora do emprego).
- No ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 180 días, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, nas convocatorias TR352A 2022, TR352A 2023, TR352A 2024.
- Non ter traballado en Xaruma durante os tres meses anteriores.
- Acreditación de dominio da lingua galega (CELGA 3 ou 4). Poderá realizarse unha proba oral e escrita desta capacidade.
- Carné de conducir B1 e posibilidade de conducir unha furgoneta (da entidade).
- Título de Manipulador de Alimentos.
- Coñecementos básicos informáticos de ofimática e internet.
Terase en conta:
- Posesión de título de director/a de actividades de tempo libre.
- Formación e/ou coñecementos en saúde mental.
- Formación en igualdade.
- Buscamos unha persoa comprometida, con iniciativa e creativa, con actitude positiva e boa adaptación aos cambios.
Funcións principais:
- Xestión da horta e os espazos verdes como vía para a integración social.
- Execución de actividades de vida autónoma.
- Actividade “Da horta á cociña”.
- Apoio de actividades de integración en saúde mental.
- Levar a cabo respiros familiares e acompañamentos.
- Acompañamento laboral en postos medioambientais.
- Formación medioambiental.
- Deseño, organización, execución e avaliación de plans, programas, campañas, proxectos e actividades de animación e de educación socioambiental.
Condicións:
- 12 meses.
- 75% da xornada (30 horas semanais). Horario de luns a venres ou de martes a sábado segundo calendario de actividades.
- Pode traballarse domingos e festivos de forma puntual (respiros, asambleas, excursións, formacións…).
- Salario segundo as bases dos programas de cooperación. Grupo 2.
- Inicio previsto do contrato: 9 de decembro de 2025
- Centro de traballo en Vigo. Posibilidade de desprazamentos entre as diferentes sedes da entidade (Santiago, Monforte e Cortegada)
Entrevista:
- PRIMEIRA FASE: entrevista persoal.
- SEGUNDA FASE: proba escrita, onde se avaliará o desenvolvemento informático, a competencia lingüística en galego, ademais da creatividade sobre o proxecto.
Para formar parte deste proceso selectivo, entrega o teu currículum en galego, en pdf e sen foto a xarumaorg@gmail.com co asunto “OFERTA EMPREGO EA 25/26” antes do 28 de novembro de 2025
FÓRA DE PRAZO
OFERTA DE EMPREGO PERSOAL DOCENTE. AGOSTO 25

Requisitos esenciais:
- Título OFICIAL de monitor/a de actividades de tempo libre outorgado por unha escola de tempo libre oficial.
- Formación de máis de 100 horas en igualdade, avalada por un organismo oficial ou un centro formativo acreditado.
- Titulación en educación social, traballo social, integración social, psicoloxía, pedagoxía…
- Acreditación de dominio da lingua galega. Realizarase unha proba oral e escrita desta capacidade.
- Coñecementos básicos informáticos de ofimática e internet.
Terase en conta:
- Carné de conducir B1 e disposición de conducir a furgoneta da entidade cando fose preciso.
- Posesión de título de director/a de actividades de tempo libre ou director/a de campos de traballo.
- CELGA 4
- Formación e/ou coñecementos actualizados en saúde mental.
- Certificación docente.
- Buscamos unha persoa comprometida, con iniciativa e creativa, con actitude positiva e boa adaptación aos cambios.
Funcións principais:
Execución de proxecto de promoción da saúde e benestar de mulleres coidadoras, con tres grandes actividades:
- Obradoiro “Sementes de coidado, raíces que falan”: estratexias comunicativas para a convivencia e a xestión dos coidados no día a día, utilizando a arte e a natureza como vehículo.
- Atención básica individualizada, mediante reunións individuais, acompañamentos e seguimentos.
- Ocio saudable: para garantir o descanso emocional das persoas que coidan.
- Realización de memorias e tarefas administrativas, de xestión e de transporte para dar cobertura ao deseño e organización dos proxectos.
Condicións:
- Contrato temporal de 2 meses.
- Xornada 18 horas semanais. Horario de luns a venres ou de martes a sábado segundo calendario de actividades. Horario partido.
- Pode traballarse domingos e festivos de forma puntual (respiros, asambleas, excursións, formacións…).
- 718,20 € brutos ao mes (pagas prorrateadas).
- Inicio 1 de setembro.
Entrevista:
- PRIMEIRA FASE: entrevista persoal.
- SEGUNDA FASE: proba escrita, onde se avaliará o desenvolvemento informático, a competencia lingüística en galego, ademais da creatividade sobre o proxecto.
Para formar parte deste proceso selectivo, enche o seguinte formulario, adxuntando o teu currículum en galego, en pdf e sen foto.
Antes do 25 de agosto de 2025
OFERTA DE EMPREGO PSICOLOXÍA. XULLO 2025

Requisitos esenciais:
- Licenciatura ou grao en Psicoloxía
- Título OFICIAL de monitor/a de actividades de tempo libre outorgado por unha escola de tempo libre oficial.
- Acreditación de dominio da lingua galega. Realizarase unha proba oral e escrita desta capacidade.
- Coñecementos básicos informáticos de ofimática e internet.
- Carné de conducir B1 e disposición de conducir a furgoneta da entidade cando fose preciso.
Terase en conta:
- Posesión de título de director/a de actividades de tempo libre ou director/a de campos de traballo.
- CELGA 4
- Formación e/ou coñecementos actualizados en saúde mental.
- Certificación docente.
- Certificado de Manipulador/a de Alimentos.
- Formación en igualdade.
- Buscamos unha persoa comprometida, con iniciativa e creativa, con actitude positiva e boa adaptación aos cambios.
Funcións principais:
- Atención básica individualizada con persoas con trastornos mentais e as súas familias.
- Intervención comunitaria en saúde mental.
- Deseño e execución de actividades de vida autónoma.
- Levar a cabo respiros familiares e acompañamentos.
- Programación de actividades de integración en saúde mental.
- Formación psicosocial.
- Deseño, elaboración e posta en práctica de programas e proxectos.
- Desprazamento semanal a unha das sedes autonómicas da entidade.
- Realización de memorias.
- Tarefas administrativas, de xestión e de transporte para dar cobertura ao deseño e organización dos proxectos.
Condicións:
- Contrato temporal con posibilidade de conversión a fixo.
- Xornada 37,5 horas semanais. Horario de luns a venres ou de martes a sábado segundo calendario de actividades. Horario partido. Xornada completa para o 2026.
- Pode traballarse domingos e festivos de forma puntual (respiros, asambleas, excursións, formacións…).
- 1.496,25 € brutos ao mes (pagas prorrateadas). (1596 € / xornada completa)
- Posibilidade de promoción salarial e de categoría segundo perfil formativo e laboral.
Entrevista:
- PRIMEIRA FASE: entrevista persoal.
- SEGUNDA FASE: proba escrita, onde se avaliará o desenvolvemento informático, a competencia lingüística en galego, ademais da creatividade sobre o proxecto.
Para formar parte deste proceso selectivo, enche o seguinte formulario, adxuntando o teu currículum en galego, en pdf e sen foto.
Antes do 30 de xullo de 2025
PROCESO DE SELECCIÓN XANEIRO 2025

TRABALLADOR/A SOCIAL
Requisitos esenciais:
- Diplomatura ou grao en Traballo Social
- Título OFICIAL de monitor/a de actividades de tempo libre outorgado por unha escola de tempo libre oficial.
- Atoparse en situación de desemprego e como demandante de emprego (non vale mellora do emprego).
- No ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, nas convocatorias TR352A 2021, TR352A 2022, TR352A 2023.
- Non ter traballado en Xaruma durante os tres meses anteriores.
- Acreditación de dominio da lingua galega (CELGA 3 ou 4). Realizarase unha proba oral e escrita desta capacidade.
- Título de Manipulador de Alimentos.
- Coñecementos básicos informáticos de ofimática e internet.
- Carné de conducir B1 e posibilidade de conducir unha furgoneta (da entidade).
Terase en conta:
- Posesión de título de director/a de actividades de tempo libre.
- Formación e/ou coñecementos en saúde mental.
- Formación en igualdade.
- Buscamos unha persoa comprometida, con iniciativa e creativa, con actitude positiva e boa adaptación aos cambios.
Funcións principais:
- Atención básica individualizada.
- Creación de itinerarios personalizados de intervención.
- Intervención comunitaria en saúde mental.
- Deseño e execución de actividades de vida autónoma.
- Xestión de emprego con apoio.
- Levar a cabo respiros familiares e acompañamentos.
- Programación de actividades de integración en saúde mental.
- Formación social.
- Deseño, elaboración e posta en práctica de programas e proxectos.
- Realización das memorias.
- Tarefas administrativas e de xestión para dar cobertura ao deseño e organización dos proxectos.
Condicións:
- 12 meses.
- 75% da xornada (30 horas semanais). Horario de luns a venres ou de martes a sábado segundo calendario de actividades.
- Pode traballarse domingos e festivos de forma puntual (respiros, asambleas, excursións, formacións…).
- Salario segundo as bases dos programas de cooperación. Grupo 2.
Entrevista:
- PRIMEIRA FASE: entrevista persoal.
- SEGUNDA FASE: proba escrita, onde se avaliará o desenvolvemento informático, a competencia lingüística en galego, ademais da creatividade sobre o proxecto.
Para formar parte deste proceso selectivo, entrega o teu currículum en galego, en pdf e sen foto a xarumaorg@gmail.com co asunto “OFERTA EMPREGO TS 24/25” antes do 31 de xaneiro. Por favor, comproba antes de facelo que cumpres os requisitos anteriormente descritos.
EDUCADOR/A AMBIENTAL
Requisitos esenciais:
- Formación regrada na rama medioambiental (Bioloxía, C. Educación Ambiental, …)
- Título OFICIAL de monitor/a de actividades de tempo libre outorgado por unha escola de tempo libre oficial.
- Atoparse en situación de desemprego e como demandante de emprego (non vale mellora do emprego).
- No ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, nas convocatorias TR352A 2021, TR352A 2022, TR352A 2023.
- Non ter traballado en Xaruma durante os tres meses anteriores.
- Acreditación de dominio da lingua galega (CELGA 3 ou 4). Realizarase unha proba oral e escrita desta capacidade.
- Título de Manipulador de Alimentos.
- Coñecementos básicos informáticos de ofimática e internet.
- Carné de conducir B1 e posibilidade de conducir unha furgoneta (da entidade).
Terase en conta:
- Posesión de título de director/a de actividades de tempo libre.
- Formación e/ou coñecementos en saúde mental.
- Formación en igualdade.
- Buscamos unha persoa comprometida, con iniciativa e creativa, con actitude positiva e boa adaptación aos cambios.
Funcións principais:
- Xestión da horta e os espazos verdes como vía para a integración social.
- Execución de actividades de vida autónoma.
- Actividade “Da horta á cociña”.
- Apoio de actividades de integración en saúde mental.
- Levar a cabo respiros familiares e acompañamentos.
- Acompañamento laboral en postos medioambientais.
- Formación medioambiental.
- Deseño, organización, execución e avaliación de plans, programas, campañas, proxectos e actividades de animación e de educación socioambiental.
Condicións:
- 12 meses.
- 75% da xornada (30 horas semanais). Horario de luns a venres ou de martes a sábado segundo calendario de actividades.
- Pode traballarse domingos e festivos de forma puntual (respiros, asambleas, excursións, formacións…).
- Salario segundo as bases dos programas de cooperación. Grupo 2.
Entrevista:
- PRIMEIRA FASE: entrevista persoal.
- SEGUNDA FASE: proba escrita, onde se avaliará o desenvolvemento informático, a competencia lingüística en galego, ademais da creatividade sobre o proxecto.
Para formar parte deste proceso selectivo, entrega o teu currículum en galego, en pdf e sen foto a xarumaorg@gmail.com co asunto “OFERTA EMPREGO EA 24/25” antes do 31 de xaneiro. Por favor, comproba antes de facelo que cumpres os requisitos anteriormente descritos.
ADMINISTRATIVO/A
Requisitos esenciais:
- Grao medio na rama de administración.
- Atoparse en situación de desemprego e como demandante de emprego (non vale mellora do emprego).
- No ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, nas convocatorias TR352A 2021, TR352A 2022, TR352A 2023.
- Non ter traballado en Xaruma durante os tres meses anteriores.
- Acreditación de dominio da lingua galega (CELGA 3 ou 4). Realizarase unha proba oral e escrita desta capacidade.
- Título de Manipulador de Alimentos.
- Coñecementos básicos informáticos de ofimática e internet.
- Carné de conducir B1 e posibilidade de conducir unha furgoneta (da entidade).
Terase en conta:
- Posesión de título de monitor/a ou director/a de actividades de tempo libre.
- Formación e/ou coñecementos en saúde mental.
- Formación en igualdade.
- Buscamos unha persoa comprometida, con iniciativa e creativa, con actitude positiva e boa adaptación aos cambios.
Funcións principais:
- Atención telefónica.
- Xestión de facturas e nóminas.
- Arquivo e rexistro.
- Actualización páxina web (wordpress) e redes sociais.
- Realización de xustificacións económicas.
- Promoción dos servizos de tempo libre educativo e sociocultural da empresa/entidade.
- Tarefas administrativas e de xestión para dar cobertura ao deseño e organización dos proxectos.
Condicións:
- 12 meses.
- 75% da xornada (30 horas semanais). Horario preferente de luns a venres, incluíndo algún sábado segundo calendario da entidade.
- Pode traballarse domingos e festivos de forma puntual (respiros, asambleas, excursións, formacións…).
- Salario segundo as bases dos programas de cooperación. Grupo 5.
Entrevista:
- PRIMEIRA FASE: entrevista persoal.
- SEGUNDA FASE: proba escrita, onde se avaliará o desenvolvemento informático, a competencia lingüística en galego, ademais da creatividade sobre o proxecto.
Para formar parte deste proceso selectivo, entrega o teu currículum en galego, en pdf e sen foto a xarumaorg@gmail.com co asunto “OFERTA EMPREGO ADM 24/25” antes do 31 de xaneiro. Por favor, comproba antes de facelo que cumpres os requisitos anteriormente descritos.
AUTOCANDIDATURAS
Eres unha persoa con iniciativa, creatividade e dinamismo? Gustaríache traballar no eido da iniciativa social? Tes ou estarías disposta/o a adquirir coñecementos no eido da Saúde Mental ou Educación Ambiental? Preséntanos a túa candidatura e pasarás a formar parte da nosa base de datos. De que serve? Teremos en conta o teu perfil para futuros procesos de selección e avisarémosche cando abramos novos procesos. Simplemente, enche este formulario e non deixes de visitar os nosos cursos.
Tan só admitimos currículos de autocandidaturas por esta vía.


















