Transformando: Andainas
PARTICIPACIÓN SOCIAL NAS ANDAINAS POLA CONTORNA
Nestes tempos, os momentos de lecer ao aire libre cobran aínda maior importancia. Plantéxanse andainas de participación social para coñecer, desfrutar, convivir, relaxarse e conectar co ambiente natural pola contorna da cidade de Vigo.
Andaina Senda Verde Vigo-Chapela

O sábado 18 de marzo organizamos unha ruta pola senda verde Vigo-Chapela.
Quedamos na entrada principal do Centro comercial Vialia (Vía Norte ) ás 10:45h.
ANIMÁDEVOS!
Andaina Senda Costeira de Nigrán
O sábado 25 de febreiro, continuamos coas andainas do 2023. Organizamos unha ruta pola senda costeira de Nigrán.
Quedamos no IES Santa Irene (Praza América) ás 10:45h.
ANIMÁDEVOS!

Andaina Senda Costeira de Cangas
O sábado 21 de xaneiro, imos facer a primeira andaina do ano 2023. Pasaremos o día rodeados/as da melor compañía que se poida ter e desfrutando dunha fermosa vistas ao mar, xa que organizamos unha ruta pola senda costeira de Cangas.
Quedamos na Estación Marítima (nas gradas) ás 11:00h. ANIMÁDEVOS!

Andaina de Teis a Chapela
O venres 3 de xuño, temos programada unha andaina para seguir coñecendo os recunchos do barrio de Teis.
Quedamos ás 17:00 en Xaruma.

Andaina praia Samil – Canido
O venres 13 de maio, pasaremos o día rodeados/as da melor compañía que se poida ter e desfrutando dunha fermosa paisaxe, xa que organizamos unha ruta dende a Praia de Samil ata Cánido.
Quedamos no Instituto Santa Irene (praza Ámerica) ás 16:20h. ANIMÁDEVOS!

Andaina Parque da Riouxa – Chapela
O sábado 2 de abril temos programada unha andaina para seguir coñecendo os recunchos do barrio de Teis.
Quedamos en Xaruma ás 12:30. Animarvos a vir.

Senda Azul: Litoral e Monte da Guía
O sábado 26 de marzo iremos a facer a Senda Azul: Litoral e Monte da Guía do Concello de Vigo, é unha ruta moi vistosa, vai rodeando parte da ría de Vigo asociada ao fermoso Monte da Guía. Unha ruta estupenda para vivir un día cheo de emocións agradables.
Quedamos en Xaruma ás 12:00 horas da mañá e regresaremos sobre ás 18:00 horas ao mesmo
punto.

Para máis información, ou para anotarte, ponte en contacto connosco, estaremos encantad@s de atendervos etlxaruma@gmail.com 698142158
Camiño Real de Moaña a Cangas
O sábado 26 de febreiro realizaremos a senda do Camiño Real de Moaña a Cangas.
Quedamos nas gradas do Nadador (ao lado do Centro Comercial A Laxe) para coller o barco a Moaña ás 12:00h. e voltaremos ao mesmo punto sobre ás 19:00h.
Un Camiño que foi recuperado o ano pasado 2021, que enlaza as poboacións de Moaña con Cangas, cun percorrido de 5,3 quilómetros. Apreciamos moito este tipo de iniciativas de recuperación de antiguos camiños e imos a darnos un paseo para gozar deste recorrido.
Para máis información, ou para anotarte, ponte en contacto connosco, estaremos encantad@s de atendervos etlxaruma@gmail.com 698142158

Sendeiro local: Senda costeira de Vigo
O 11 de decembro organizamos unha saída pola parte costeira de Vigo, dende a igrexa de Bouzas, recorrendo a zona de plaias, Alcabre, Samil, e seguindo a senda lo Lagares ata Balaidos.

“Conectando coa natureza” Descubrindo a Senda da Auga
Ola a tod@s! Marcade no voso calendario o próximo domingo 21, porque tendes unha cita cos alumn@s da Escola de Tempo Libre Xaruma;)
Algunhas das nosas futuras monis organizaron unha ruta medioambiental pola Senda da auga co fin de coñecer a fauna e flora autóctona, coñecer a historia da ruta, concienciar sobre a reciclaxe… Todo esto acompañado de numerosas actividades e xogos para facer amenos todos estes coñecementos!
Se queres pasar un día de domingo diferente, xa sabes! Agardámoste este domingo as 10:00 horas, no Pabellón de Chapela (lugar donde comenzaremos a ruta)
Para máis información, ou para anotarte, ponte en contacto connosco, estaremos encantad@s de atendervos etlxaruma@gmail.com 698142158

Sendeiro local: Senda costeira de Cangas
Este sábado 13 de novembro, faremos unha saída pola costa de Cangas.
Quedamos nas gradas do Nadador (ao lado do Centro Comercial A Laxe) para coller o barco a Cangas ás 11:15h e voltaremos ao mesmo punto sobre ás 19:00h.
Pequena andaina polas fermosas praias de Cangas onde poderemos desfrutar das marabillosas vistas e das cores da natureza neste outono soleado.

Sendeiro local: Matamá – Comesaña

O vindeiro sábado 24 de xullo realizaremos a ruta polo Sendeiro Local de Matamá-Comesaña.
Sairemos de Vigo ás 11:00h da mañá en autobús e voltaremos sobre ás 19:00h.
Durante a camiñata, disfrutaremos das fermosas paisaxes, xantaremos nunha contorna espectacular e faremos algunha paradiña para contemplar os monumentos naturais e culturais que atopemos ao longo da nosa ruta.