Respiros Familiares
Respiro familiar
Os respiros familiares pretenden potenciar a autonomía persoal e social das persoas con trastornos mentais dentro da comunidade. Realízase mediante a adquisición, mellora e mantemento das actividades básicas e instrumentais da vida diaria. Tamén serven de medida de autocoidado para as familias.

Programa de respiro familiar
Levamos realizando Respiros Familiares dende o 2010, ano no que nace Xaruma. No verán, realizamos estancias por semana no piso da entidade, onde cada persoa escolle a súa preferencia. O resto do ano, realizamos respiros de fin de semana e aproveitamos para coñecer a nosa contorna.
Fomento da autonomía e do autocoidado
Dende Asociación Xaruma contamos cunha ampla experiencia no traballo con persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, exactamente con persoas con trastornos mentais. Os nosos estatutos indican como un dos principais fins o de realizar con carácter habitual actuacións de integración de personas con discapacidade, e especialmente para persoas con trastornos mentais, e é por iso que, as nosas principais accións atenden a unha dobre intervención: promover a autonomía da persoa con enfermidade mental e reducir a dependencia desta á súa familia, desfacendo as atencións de carácter básico, producindo así unha mellora na calidade de vida de todo o círculo familiar.
A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais: é un estado de benestar no que a persoa realiza as súas capacidades e é capaz de facer fronte á tensión normal da vida, de traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade (Plan Galego de Saúde Mental 2020-2024). É por iso que traballar a autonomía das persoas é un piar chave para seguir promocionando unha boa saúde mental.
Programas de Respiro Familiar en Xaruma: Respira Naturalmente
Algúns dos programas de respiro familiar levados a cabo con anterioridade en Xaruma son os seguintes:
Respira Naturalmente 2025

Como todos os veráns, toca pasar unha semana diferente! Afastarse da monotonía para aprender autonomía, pero tamén para pasar tempo agradable con outras persoas, aprender algo novo, coñecer novos lugares… Escolle a túa semana!

O próximo Respira Naturalmente terá lugar do 21 ao 23 de novembro.
Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficina antes do 17 de novembro.
O 18 de novembro confirmarase a praza.
Respira Naturalmente setembro 2024:

O próximo Respira Naturalmente terá lugar do 27 ao 29 de setembro.
Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficiña antes do 23 de setembro.
O 24 de setembro confirmarase a praza.
Respira Naturalmente setembro 2024:
O próximo Respira Naturalmente terá lugar do 6 ao 8 de setembro.
Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficiña antes do 2 de setembro.
O 3 de setembro confirmarase a praza.

Respira Naturalmente xuño 2024:

Presentamos o respiro familiar para este verán de 2024.
O respiro de verán consiste en pasar un número de semanas determinado vivindo no piso, realizando as actividades propias da vida autónoma. As persoas participantes aprenderán a limpar, cociñar e establecer rutinas, pero tamén a crear plans de ocio, convivir con outras persoas e a coñecerse a un/ha mesmo/a. Tamén existirá a posibilidade da actividade de xantar todos os días que haxa respiro.
Respira Naturalmente xuño 2024:

O próximo Respira Naturalmente terá lugar do 7 ao 9 de xuño.
Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficiña antes do 31 de maio. O 3 de xuño confirmarase a praza.
Respira Naturalmente abril 2024:
O próximo Respira Naturalmente terá lugar do 5 ao 7 de abril.
Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficiña antes do 1 de abril. O 2 de abril confirmarase a praza.

Respira Naturalmente marzo 2024:

Este 2024 damos comezo ao primeiro respiro do ano Respira Naturalmente que terá lugar do 1 ao 3 de marzo.
Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficiña antes do 22 de febreiro. O 23 de febreiro confirmarase a praza.
Respira Naturalmente outubro 2023:
O próximo “respiro” terá lugar do 22 ao 24 de setembro.
Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficiña antes do 13 de setembro. O 14 de setembro confirmarase a praza.

Respira Naturalmente setembro 2023:

Respira Naturalmente de outubro terá lugar do 20 ao 22 de outubro.
Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficiña antes do 12 de outubro. O 13 de outubro confirmarase a praza.
Gústache o que les? Queres máis información? Gustaríache facer voluntariado con nós? Queres participar nas actividades diarias? Accede aos nosos datos de contacto e non te quedes con dúbidas. Estamos esperándote!
Para máis información sobre os Respiros Familiares fai clic na ligazón.


















