Xaruma é unha escola de tempo libre sen ánimo de lucro homologada pola Xunta de Galicia, con número de rexistro G-21, a nivel autonómico, que pretende dar formación, perfeccionamento e especialización á mocidade e aos educadores/as nas actividades e técnicas orientadas á animación sociocultural e a promoción e emprego axeitado do lecer.

Somos un centro de formación específico de educación non formal no eido do tempo libre no que podes obter entre outros o título oficial de Monitor/a de T.L.. Consulta   toda a nosa oferta formativa.

OFERTA EDUCATIVA da Escola de Tempo Libre Xaruma acompáñase cunha serie de actividades complementarias que se desenvolven conxuntamente e que teñen por finalidade a intervención social e completar a formación integral das persoas.

O  obxectivo  principal é o de favorecer  a integración e a autonomía  a través de diferentes actividades e mellora das habilidades sociais. 

Ademais o de favorecer a integración na comunidade promovendo ao memso tempo a participación cidadá e unha formación que sensibilice para o encontro social. Consulta a nosa oferta de actividades.

CIF: G-36817385

Nº REXISTRO:

  • ENTIDADE DE ESCOLAS DE TEMPO LIBRE : Nº G-21 da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) da Xunta de Galicia. 13 setembro 1996
  • ENTIDADE VOLUNTARIADO: Secretaría Xeral do Benestar da Xunta de Galicia.Nº ASC-0474
  • ENTIDADES DO CONCELLO DE VIGO: Nº521-97

Cursos

Actividade

Hortas escolares

Preguntas frecuentes

Contacta

Traballa na nosa escola


POLÍTICA DE CALIDADE

A Escola de Tempo Xaruma dispón dun sistema de xestión da calidade certificado conforme a norma ISO 9001 por EQA co alcance:

  • Impartición de cursos oficiais de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre e de Director/a de Actividades de Tempo Libre.
  • Deseño e impartición de cursos monográficos no área do tempo libre.
  • A promoción de actividades de participación cidadá mediante a animación sociocultural e o voluntariado.