En abril, augas mil. E en Xaruma, actividades a cuberto para este tempo.
Comezamos o mes de abril cunha semana tranquiliña cas actividades de sempre: Radio, psicomotricidade, natureza e saúde, estimulación cognitiva e obradoiro artístico.
A fin de semana poderemos gozar dunha visita á exposición ‘Comedy Wildlife‘, onde veremos imaxes divertidas dos animais en natureza.
O luns 8 haberá Grupo de Mulleres e de seguido, Faladoiro de actualidade, para comentar a realidade que nos rodea.
Tamén teremos unha actividade coa comunidade o xoves 11: Embárriate Teis, que realizaremos conxuntamente coa Fundación da Santa Cruz.
O día 12, transportaremos a nosa Buracola a Redondela. E o sábado 13 poderemos visitala no Artelixo e observar as diferentes obras que se presentan ao concurso.
Para rematar a quenda, o luns 15 espéranos unha actividade audiovisual que nos vai resultar moi familiar.
Vémonos en Xaruma!