Chega a segunda quenda de abril e con ela semella que xa comeza a asomar o sol.
Comezamos a quincena visitando a Fundación Sales o martes 16, para coñecer diferentes especies botánicas da contorna.
O mércores 17 voltamos con Falares de Cine, para ver e comentar a película deste mes!
O sábado 20, faremos unha Xincana interactiva pola cidade de Vigo, adestrando o inxenio e o emprego das TIC.
Ademais, todos os luns do que resta de mes comezaremos cunha actividade audiovisual, para producir unha curtametraxe sobre educación afectivosexual.
Para ir rematando co mes de abril, o venres 26 espéranos a III edición do Ciclo de Experiencias Sociais, da man da Fundación Secretariado Xitano.
E finalmente, o sábado 27 desfrutaremos dunha andaina saúdable en Cangas, ademais de unha tarde de merenda e xogos no piso de Xaruma.
Apetécenche os plans destas semanas?
Vémonos en Xaruma!