Aí ven o maio, de flores cuberto…
As actividades deste mes comezan cun Paseo por Vigo o mércores 1, día dos traballadores e traballadoras.
Nesa finde, tamén pasearemos cara a Festa do Muíño Fausto, en Cangas o sábado 4.
O martes 7 recolleremos diferentes plantas por Teis e arredores para a elaboración do noso Maio.
Tamén poderemos recoller plantas para o Maio na visita á Aldea Alfacuca, en Mos, o xoves 9, ademais de coñecer o espazo.
O venres 10, celebramos en Xaruma a Festa dos Maios, á cal é unha actividade aberta á comunidade. Achégate e trae ás túas amizades e familia!
A semana remata con máis festa, coa saída á Brincadeira de Bouzas o sábado 11.
Anímaste?
Vémonos onde crecen as flores!