Formación
Formación saúde mental
A rehabilitación psicosocial cobra gran importancia posto que se centra no individuo e no sistema social simultaneamente; pero non é suficiente con adaptar á persoa á sociedade, senón que cómpre tamén unha intervención coa sociedade para que entenda e apoie a diversidade de mesma. Polo que ao falar de rehabilitación psicosocial, ao mesmo tempo, estamos falando de integración e inclusión.
Cursos intervención social
A fins de mellorar a empregabilidade e potenciar as propias capacidades persoais, establecemos cursos, monográficos, seminarios e formacións contínuas que poidan incidir na capacitación de mozos/as, monitores/as, voluntarios/as e outros axentes sociais de toda Galicia. Intentamos así apoiar a formación dos profesionais do tempo libre a partir da educación non formal co obxectivo de que os beneficiarios non sexan só os receptores directos de dita formación, se non toda a sociedade.
Queremos incidir especialmente en que esta educación está directamente encamiñada a favorecer a empregabilidade das persoas destinatarias, a fins de que potencien as súas propias capacidades en torno ás habilidades sociais e de comunicación. O maior e máis valioso capital que posúe calquera asociación ou empresa é, sen dubida, o capital humano. Sen bos profesionais os proxectos nin prosperan nin chegan a bo porto.