Transformando. Camiño de Santiago

E volvemos ca volta do CAMIÑO DE SANTIAGO!!
Este ano 2022, tamén ano Xacobeo, repetimos aventura pero facendo o regreso do camiño dende Santiago de Compostela ata Baiona, onde comezamos no ano 2021.
“Non sabemos a onde vamos, pero vamos en camiño”👣🌱🦔
1º Etapa de Volta: SANTIAGO DE COMPOSTELA-PADRÓN. 21 de maio do 2022
2ª Etapa de Volta: PADRÓN – CALDAS DE REIS. 11 de xuño do 2022
3ª Etapa de Volta: CALDAS DE REIS -PONTEVEDRA. 16 de xullo do 2022
4ª Etapa de Volta: PONTEVEDRA-REDONDELA. 6 de agosto do 2022
5ª Etapa de Volta: REDONDELA-VIGO. 3 de setembro do 2022
6ª Etapa de Volta: VIGO-NIGRÁN. 24 de setembro do 2022
7º etapa de Volta: NIGRÁN-BAIONA. 8 de outubro do 2022

Tal e como era prometido, volve o CAMIÑO DE SANTIAGO!!
Este ano 2021, ano Xacobeo, repetimos aventura facendo camiño polas terras galegas, descubrindo recunchos fermosos e mil historias que lembrar durante as nosas vidas.
O vindeiro 10 de xullo dará comezo a primeira etapa deste Camiño de Santiago portugués pola costa (Baiona-Nigrán).
Irémosvos informando, pero empezade a preparar as vosas mochilas para emprender unha das maiores experiencias das vosas vidas e, recordade, “non sabemos a onde vamos, pero vamos en camiño”👣🌱🦔
Camiño de Santiago portugués pola Costa:
1ª Etapa BAIONA – NIGRÁN. 10 de xullo do 2021
2ª Etapa NIGRÁN – VIGO. 31 de xullo do 2021
3ª Etapa VIGO-REDONDELA. 7 de agosto do 2021
4ª Etapa REDONDELA-PONTEVEDDRA. 21 de agosto do 2021
5ª Etapa PONTEVEDRA–CALDAS DE REIS. 11 de setembro do 2021
6ª Etapa CALDAS DE REIS-PADRÓN. 24 de setembro 2021
7ª Etapa PADRÓN-SANTIAGO DE COMPOSTELA. 9 de outubro 2021
CAMIÑO DE SANTIAGO ano 2019

Proxecto beneficiario do Programa O teu xacobeo da Xunta de Galicia
Presentamos o Camiño de Santiago portugués pola costa, que está dentro do Proxecto “Coñece o Xacobeo”.
Faremos a ruta do Camiño de Santiago Portugués (chamado tamén Camiño Monacal), dende Baiona a Redondela. Arredor de 40 Km. Un camiño pouco coñecido, que nos apetece moito descubrir.

Dividiremos o traxecto en catro etapas :
1ª ETAPA: BAIONA- NIGRAN: 9 Km. 3 de agosto do 2019
2ª ETAPA: NIGRÁN-CORUXO : 9,3 Km. 17 de agosto 2019
3ª ETAPA: CORUXO-VIGO: 8,8 Km. 31 de agosto 2019
4ª ETAPA: VIGO-REDONDELA: 14 Km. 14 de setembro 2019
E seguimos cara a Santiago de Compostela:

5ª ETAPA: REDONDELA-PONTEVEDRA: 18,2 Km. 28 de setembro do 2019
6ª ETAPA: PONTEVEDRA-CALDAS DE REIS: 23 Km. 5 de outubro 2019
7ª ETAPA: CALDAS DE REIS-PADRÓN: 18,5 Km.20 de outubro 2019
8ª ETAPA: PADRÓN –SANTIAGO DE COMPOSTELA: 25,2 Km. 26 de outubro 2019
TARDE DE LECER NO CAMIÑO
#EmotiCamiño
