Colabora
Únete á Saúde! Únete a Xaruma.
A REALIDADE: incumprimento da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde a atención primaria incluirá entre o seu catálogo de servizos as seguintes funcións e modalidades de atención sanitaria: A atención á saúde mental, en coordinación cos servizos de atención especializada.
- Decreto 389/1994, do 15 de decembro, polo que se regula a saúde mental en Galicia. Artigo 2. Directrices xerais. 1.-A saúde mental e a asistencia psiquiátrica, tanto extra como intrahospitalaria, integrarase no conxunto de plans e accións de saúde xeral, evitando calquera discriminación con outras parcelas de saúde.
DÁ O PASO!
Axúdasnos a ter control sobre o noso futuro! Participa no crowdfunding de 2026!
Tan só este ano 2026 podes facerte aval mancomunado, isto axudaranos a mercar o local!
1.- Faite voluntario/a.
2.- Únete á nosa plataforma de microdoazóns! Tan só 1€ ao mes, nin máis nin menos.
3.- Facendo unha doazón directa para o noso proxecto a nome de Xaruma. Dende o 2025, todas as doazóns económicas en Xaruma son desgravables.

Para elo, necesitamos que nos envíes a seguinte información a xaruma.org@gmail.com.
- Nome e apelidos
- DNI
- Código postal de residencia
- Forma de contacto
- Cantidade doada
As persoas físicas desgravan un 80% nos primeiros 250 €, a partir desa cantidade, desgravarase entre o 40% e o 45%, segundo se é unha doazón recurrente ou non.
4.- Reclamando ante o SERGAS solucións concretas. (SERGAS, edificio Administrativo San Lázaro S/N · 15703 Santiago de Compostela.
5.- Facendo un donativo en especias ao noso proxecto, consúltanos antes!
6.- Facéndote socio/a.
Imprime e mándanos asinada esta ficha á nosa sede en R/ Torrecedeira 66, 36202 Vigo ou mándanola por correo electrónico a xestionxaruma@gmail.com. Por 10€ cota única, podes participar activamente das decisións da entidade, beneficiarte de descontos nos nosos cursos e mononográficos, obter oferta formativa e de voluntariado e formar parte desta familia.
De forma voluntaria, tamén podes colaborar economicamente coa cantidade que desexes e coa frecuencia que consideres. Lembra que as doazóns son desgravables!


















