QUE É A RESPONSABILIDADE SOCIAL?
A responsabilidade social é un modelo innovador de xestionar a organización baseado no uso de criterios responsables nos ámbitos social, medioambiental e económico. Fai referencia ao compromiso, obriga e deber que posuímos as persoas coma membros dunha comunidade para contribuír voluntariamente a unha sociedade máis xusta e de protección ao medio ambiente.
RESPONSABILIDADE SOCIAL E XARUMA?
Como entidade, Xaruma achega diversos criterios de responsabilidade social cos que pretendemos acadar unha sociedade cada vez máis xusta tendo sempre presente o medio que nos rodea e facendo bo uso del. Os nosos principais compromisos están enfocados en tres piares esenciais.
Persoas traballadoras
- Protocolo de acollida para novas persoas contratadas.
- Formacións continuas en relación á saúde mental e outras disciplinas para persoas contratadas.
- Cohesión do grupo de traballo.
- Emprego Con Apoio (ECA).
- Plan de Igualdade.
Persoas participantes
- Protocolo de acollida para novas persoas usuarias.
- Cortes de Xaruma. Actividade para que as persoas sexan máis participes no seu cambio.
- Servizos de calidade axustados ás necesidades de cada persoa.
- Sistemas de avaliación das actividades.
Familias
- Servizos de calidade para dar respostas ás necesidades das familias.
- Café en Familia. Actividade para as familias onde abordar dúbidas e inquedanzas.
- Asemblea xeral.
- Oferta e formación de voluntariado.
- Actividades de participación comunitaria e dinamización do barrio.
- Actividades educativas para centros no eido da saúde mental e medioambiental.
- Radio Maruxa, a nosa radio comunitaria.
- Traballo en rede con entidades da contorna.
- Colaboración coa Asociación DOA no coidado e mantemento de espazos verdes da empresa BorgWarner.
- Horta. Ciclo circular. Compostaxe.Vermicompostaxe.
- Montaxe do invernadoiro e produción de cultivos.
- Reciclaxe. Separación de residuos.
- Reciclaxe e reutilización. Concurso de espantallos. Instrumentos de refugallo.
- Recollida de tapóns. Entrega de tapóns á asociación Juan María para proxecto de reciclaxe.
- Reforestación na Comunidade de Montes de Teis.
*EN CONSTRUCCIÓN*