A partir deste 11 de maio, a nosa Comunidade Autónoma (entre outras) comezou coa Fase 1 da desescalada do estado de alarma.
Xaruma, pola súa parte, tamén deu un paso máis e abriu as súas portas. Polo momento, para poder vir ás actividades, haberá que concretar previamente día e hora.
Aquí vos deixamos unha nova proposta de actividades, para seguir traballando e para non perder o ritmo!
A pesar de estar noutra fase máis avanzada, aínda queda moito camiño por percorrer. Debemos continuar sendo responsables e acatar as medidas oportunas para poder retomar as nosas vidas.
De maneira puntual e baixo petición, seguiremos prestando servizo de acompañamento que serva de respiro familiar, sempre cumprindo coas directrices que marca a Consellería de Sanidade para este caso.
Lembrade que o noso teléfono de contacto segue á vosa disposición en horario de chamadas para calquera dúbida ou consulta que teñades:
Luns a venres: 10:00h – 14:00h / 16:00h – 17:30h
698 142 158
Moitas grazas e saudiños!