Que é Radio Maruxa

 
En Xaruma queremos facernos ouvir. Por iso en 2017 nace a iniciativa Radio Xaruma, unha ferramenta de comunicación e participación para dar voz a todas as persoas da sociación que teñan vontade de expresarse.
 
Na actualidade ampliamos a participación da nosa radio á cidadanía mudando o proxecto cara unha Radio Comunitaria ou Radio Maruxa  que inclua á infancia e distintos colectivos de Vigo.

Art. 19 DDHH “Libertad de pensamento e de expresión”

3. Non se pode restrinxir o dereito de expresión por vías ou medios indirectos, tales como o abuso de controis oficiais ou particulares de papel para periódicos, de frecuencias radioeléctricas ou de enseres e aparatos usados na difusión de información ou por outros medios encaminados a impedir a comunicación e a circulación de ideas e opinións.

Neste espazo de reflexión e sensibilización trataremos distintas temáticas adaptadas ó momento:
 
  • Educación ambiental
  • Feminismos
  • Saúde mental
  • Integración e exclusión social
  • Novas tecnoloxías
  • Música
  • Novas da actualidade

Se tes gañas de facer un programa de radio para que te escoiten, non dubides en contactarnos.

Escóitanos en Ivoox! Sintoniza Radio Maruxa!