FORMACIÓN OFICIAL. INICIO 10 DE ABRIL

Gustaríache traballar con persoas e para persoas? Pertencer a proxectos de dinamización e intervención? Cres que a educación é o camiño para lograr grandes cousas? Disfrutas do contacto da natureza e ves nela un recurso valiosísimo? Pois este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.

Nós cremos que este curso é unha das mellores e maiores bases para desenvolver calquera profesión, estea ou non estea dentro do mundo da educación no tempo libre. Aportarache outra forma de ver e vivir as cousas, fomentará a túa creatividade, coñecerás cousas de ti mesma/o que descoñecías e, como non, coñecerás a xente que ve o mundo de forma moi similar a ti e que, seguro, pasan a formar parte da túa vida.

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, das que se pode faltar un 20% (40 horas), e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 15 de abril – 3 de xuño (consulta o calendario)

Horario: venres e sábado neste horario:

  • Luns a Venres: 9:00-14:00
  • Sábados: 10:00– 20.00

Lugar: Casa da Mocidade (Moaña). 

Requisitos: maior de idade con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

  • Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
  • Animación
  • Educación para a Saúde
  • Educación Medioambiental
  • Organización e Recursos

Aportación: 300 € persoas desempregadas do Concello de Moaña, 310 € tarifa ordinaria

Reserva de praza (antes do 11 de abril): 210 €

Segundo pago (antes do 6 de maio): 100 €

Documentación a entregar: 

– Fotocopia do DNI

– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

– Foto de carné

– Resgardo bancario

– Tarxeta de demandante de emprego (Só se estás empadronado/a no concello de Moaña e non ves derivado/a polo PIE de Moaña).

– Empadroamento no concello de Moaña ( Só se estás empadronado/a no concello de Moaña e non ves derivado/a polo PIE de Moaña).

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.

Se aínda tes dúbidas consulta Preguntas frecuentes

Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos e completos, engadindo a documentación solicitada. No prazo máximo de 5 días hábiles enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.

* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta