Voluntariado
Xaruma é unha entidade de iniciativa social que leva dende 1997 realizando actividades de formación, dinamización comunitaria e integración do colectivo de saúde mental.
As persoas son as que dan sentido a todos os proxectos.
Actualmente levamos a cabo diferentes programas que promoven a integración socio-comunitaria das persoas con trastornos mentais, por medio da realización de actividades de animación sociocultural, promoción social, educación para a saúde e para o medioambiente.
Consulta aquí as vantaxes de ser voluntaria ou voluntario, así coma o perfil de voluntariado que se precisa en Xaruma.
O máis satisfactorio na vida é ser capaz de dar gran parte dun mesmo aos demáis.
pierre teilhard de chardin
Voluntariado en Vigo (Pontevedra)
Dende Xaruma realizamos actividades de integración con persoas con trastornos de saúde mental de luns a sábado en horario de 17.00h a 20.00h na cidade de Vigo.
Consulta aquí a programación das actividades.
Interésache comezar a acudir ás actividades de integración en Xaruma?
Contacta connosco a través do correo electrónico infoxaruma@gmail.com
Voluntariado en Santiago de Compostela (A Coruña)
Un dos grandes piares da saúde mental é a saúde social.
Para iso, é fundamental contar con alternativas de ocio saudables.
Dende Xaruma realizamos actividades de ocio saudable para persoas con problemas de saúde mental e así potenciar as súas habilidades sociais.
Interésache comezar a facer voluntariado neste programa de ocio saúdable?
Contacta connosco en xarumasantiago@gmail.com
Voluntariado en Lugo (Lugo)
Talleres prácticos para divulgar sobre a importancia da saúde mental en base á teoría diátesis-estrés.
Na mesma recálcase a importancia dos factores biopsicosociais, que son representados durante a dinámica en forma de mochilas.
Estes talleres desenvólvense maioritariamente en centros educativos ou en talleres abertos a público xeral.
Interésache formar parte desta formación como voluntaria ou voluntario?
Contacta connosco a través do correo electrónico formacionxaruma@gmail.com
Voluntariado en Cortegada (Ourense)
Se hai algo cuxo valor é inmesurable é o valor do tempo e da compaña.
Por ese motivo, realizamos acompañamentos a persoas con problemas de saúde mental no rural, onde a soidade non desexada reflicte directamente na saúde.
Se queres invertir o teu tempo compartíndoo con outras persoas, este é o teu voluntariado.
Contacta connosco para realizar acompañamentos en saúde mental no rural a través do correo electrónico xarumaorg@gmail.com
Se formas parte da comunidade universitaria da UVigo, consulta o noso convenio de voluntariado:
Tes dúbidas? Consulta o noso Plan de Voluntariado
Contacta connosco a través dos números de teléfono ou respondendo o seguinte formulario:
Rexistro de entidades de acción voluntaria nº 646