Radio na Escola
A radio escolar pretende ser un método innovador de aprendizaxe a través do cal podemos:
- Converter ao alumnado en suxeito activo da ensinanza aproveitando a crear contido educativo a través das TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) no que se implique e interese.
- Reforzar os coñecementos das materias.
- Fomentar a creación dun pensamento crítico dende a infancia.
Traballaremos unha radio en Formato “Podcast” que nos permite:
- Gardar as creacións nunha plataforma dixital coma IVOOX, vinculada á web do Centro escolar, que permita visualizar o traballo anual das rapazas e rapaces.
- Escoitar o contido posteriormente á súa creación en directo, ofrecendo a comodidade de planificar os obradoiros segundo os tempos reais do Centro escolar e de cada aula.
- Crear contido educativo e de ocio dixital ao alcance de toda a escola e as súas familias.
Formaremos ao profesorado é os/as alumnos/as para:
- Crear un proxecto particular de “Radio Escolar” en cada Centro de Ensinanza e participar no proxecto de Radio Comunitaria “Radio Maruxa”, que visibilice a unión interxeracional e de realidades educando na transformación social.
- Utilizar o programa de producción e a tecnoloxía necesaria adquirindo protagonismo e autonomía na execución da Radio escolar.
- Deseñar un logo que identifique o proxecto.