Na Escola de Tempo Libre Xaruma traballamos cos diferentes proxectos:

Presentamos un novo proxecto que xorde para dar resposta ás dificultades que afrontan as zonas rurais, especialmente no ámbito da inclusión social, o benestar emocional e o acceso a oportunidades de desenvolvemento persoal e profesional.

Actuacións directas:

  • Programa de asesoramento familiar.
  • Obradoiros comunitarios de benestar emocional.
  • Campaña de formación en monitor/a de tempo libre.
  • Actividades de ocio saudable.

Máis info en: https://xaruma.org/comunidade-viva-redes-de-apoio/


Este proxecto ten como como obxectivo principal é fomentar unha cultura de compromiso social mediante a sensibilización da sociedade sobre a importancia do voluntariado, promovendo a participación activa mediante experiencias reais, colaboracións con entidades sociais e accións de visibilización en medios e espazos públicos.

As actividades son:

  1. Historias reais do voluntariado: Testemuñas reais de persoas reais.
  2. Tecendo redes solidarias: Colaboración con outras entidades.
  3. Protagonistas da sensibilización: Espazo para desenvolver as súas habilidades persoais e sociais.
  4. Campaña de carteis

Este proxecto pretende establecer un programa formativo para o voluntariado, coa finalidade de mellorar a súa labor voluntaria e adquirir novas destrezas, habilidades e coñecementos que favorezan o dinamismo da sociedade. Plantexamos dous niveis de formación:

  • Formación básica
  • Formación especializada

Proxecto que ten como finalidade impulsar a participación e o dinamismo da sociedade a través do voluntariado, así como promover o voluntariado ambiental e o voluntariado social.


Con este proxecto pretendemos promover hábitos saudables, fomentando proposta de cambio e respectando a desigualdade por razón de xénero así como promover o coidado propio e alleo.