Preguntas frecuentes
Resolve as túas dúbidas
LEXISLACIÓN
- Cal é a normativa que rexe o tempo libre?
Atopámonos con diferentes normativas que rexen o tempo libre, das que destacamos:
Decreto 50/2000, de 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude.
Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.
Decreto 354/2003, de 16 de septiembre, polo que se regulan as ludotecas como centros de servizos sociais e se establecen os seus requisitos.
Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.
Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado.
- Vai sair unha nova normativa de tempo libre?
Si, dende o ano 2016 lévase traballando na creación dunha normativa que dea resposta ás novas necesidades tanto de actividades como formativas. É posible que vexa a luz ao longo do 2021, pero mentres tanto, podes seguirlle a pista na páxina de Xuventude.
- Que pasará co meu título se se aproba unha nova normativa?
Se fixeches o curso nunha escola de tempo libre homologada, o teu título será igualmente válido.
FORMACIÓN (TEÓRICA E PRÁCTICA)
- Cales son os requisitos para realizar un curso de monitor/a de actividades de tempo Libre?
Ter 18 anos cumpridos e o graduado escolar.
- Cales son os requisitos para realizar un curso de director/a de actividades de tempo Libre?
Segundo o Decreto 50/2000, ter 18 anos cumpridos, titulación de grado superior ou bacharelato, ser monitor/a de actividades de tempo libre e acreditar unha experiencia como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento e/ou colonias.
- Que acreditación teñen os monográficos?
Coa realización dos cursos monográficos a Escola de Tempo Libre Xaruma emite un certificado polas horas correspondentes, mais non teñen carácter oficial nin están regulados baixo unha lexislación concreta.
- Que teño que facer antes de INICIAR as prácticas de monitor/a ou director/a de tempo libre?
Tes que entregar o proxecto inicial das prácticas a realizar, xunto coa fotocopia do título de monitor/a-do titor/a de prácticas que os acompañará na entidade. Debe ser entregado ao inicialas (ou 7 días antes no caso de ser un campamento). Ver modelo no temario de “Programación” Entregarase en formato dixital (identificar o documento co nome seguido da palabra proxectoprácticas2015 EX: manolitoproxectoprácticas2015).
- Quen ten que entregar esta documentación?
O/A alumno/a.
- Que pasa se empezo e remato as prácticas e aínda non entreguei a documentación de ANTES das prácticas?
Esas prácticas non serían válidas e terías que volver a facelas.
- Que teño que facer DESPOIS de rematar as prácticas de monitor/a ou director/a de tempo libre?
Tes que entregar a memoria da labor realizada nas túas prácticas xunto co informe do/a titor/a, atoparás os modelos no teu CD, pen drive ou plataforma. Recorda que a memoria non é un diario. Non é necesario que conteña fotografías pero, en caso de telas, lembra ter presente a protección de imaxe. Unha vez entregado á escola, esta dará o seu visto bo por correo electrónico, indicando se se procede ao pago das taxas ou hai algo que repetir. O prazo é de dous anos dende o remate da fase teórica.
- Quen ten que entregar esta documentación?
O/A alumno/a.
- Que pasa se non entrego esta documentación en prazo?
Non podemos solicitar o título, polo que, para ser monitor/a, terías que volver a repetir o curso.
- Onde teño que entregar toda a documentación?
Se fixeches o curso antes do 2021, tes que entregala por correo electrónico na dirección que che deron de referencia. No caso de que fixeras o curso no 2022 en adiante, tes que entregalo unicamente a través da plataforma de formación.
- Se quero facer as prácticas nos campamentos da Xunta de Galicia, teño que apuntarme nalgún lado?
Tes que dicirlle por escrito á escola que queres facer as prácticas nos campamentos da Xunta de Galicia. Estas prazas son xestionadas directamente entre Xunta e Escola a través dun sorteo de prazas.
- Teño que ter en conta algo se fago as prácticas nun campamento da Xunta de Galicia?
Si! Neste caso non será necesario que presentes o acordo nin o título da persoa titora. Pero lembra, tan só para as prácticas nos campamentos da Xunta de Galicia que foron xestionados directamente dende a escola.
- Cantas horas podo facer de prácticas ao día?
O máximo que se pode contabilizar por día de prácticas é de 10 horas.
- Podo facer as prácticas en dous sitios?
Si! Pero terás que presentar toda a documentación por cada un dos sitios. No caso da memoria final, podes facer unha que recolla a experiencia nos dous sitios ou podes facer dúas diferentes, como prefiras.
- Como pago as taxas do título de monitor/a ou director/a de actividades de tempo libre á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia?
Para obter as tres copias do pagamento das tasas do alumnado tedes que seguir as indicacións para poder xerar o documento de pagamento de taxas. Deberedes remitir á escola a folla que pon “Para a Administración”.
Máis información no apartado da escola desta páxina.
- Podo facer o ingreso das taxas á conta de Xaruma onde paguei o curso?
Non. As taxas son pagadas á Xunta de Galicia, non á escola, polo que terás que facelo mediante o modelo normalizado nos enlaces aportados.
- Onde podo consultar que son esixibles estes requisitos?
No Decreto 50/2000. Este é o Decreto que marcas as normas do curso para que este sexa oficial e homologado, ademais de xestionar outros aspectos da educación no tempo libre.
- Despois de facer as prácticas do curso de monitor/a de actividades de tempo libre, cando serei monitor/a ou director/a titulado?
Unha vez entregada toda documentación e pagadas as taxas da Xunta, Xaruma remitirá o apto á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia quen enviará o título á escola. Avisarémosvos para recollelo cando chegue, normalmente no prazo de dous ou tres meses tras a súa solicitude. Mentres, se alguén o precisa, Xaruma poderá emitir un certificado provisional acreditando que xa sodes/as monitores/as ou directores/as de actividades de tempo libre, totalmente válido para traballar no eido.
- Son unha entidade/empresa que acolle a persoas en prácticas, existe un modelo de acordo para a realización destas prácticas?
Si! En caso de que non teñades modelo propio, podemos usar o da escola, descargándoo directamente deste enlace.