Na asociación Xaruma, levamos dende o 2010 traballando con persoas adultas con diagnóstico en saúde mental e as súas familias.

Ademais da intervención diaria onde, as persoas participantes da entidade son as protagonistas, cómpre tamén elaborar plans de accións con aquelas persoas coidadoras coma nais, pais, irmás, fillas, parella… que están en primeira liña, para darlles voz e para ofertarlles un espazo que tanto merecen e precisan.

Dentro dos factores que compoñen e que inflúen nunha persoa coma ser individual, o núcleo familiar e rede de apoio cobra un papel esencial debido a ser un potente axente de cambio e rehabilitador. Por este motivo, é de vital interese tecer unha rede de coidado e facilitar un entorno de acougo.

Este proxecto pensado e creado para as familias e persoas coidadoras, pretende ser un espazo de asesoramento e información, un servizo de orientación e un apoio en canto a xestión emocional e o autocoidado, rachando cos sentimentos e emocións contraditorias que se poden sentir en determinadas situacións e dotando das ferramentas necesarias para un maior benestar.

As nosas accións realízanse nas catro provincias galegas:

“Se non te coidas a ti mesma, quen o fará?”

VIRGINiA WOOLF

Se estás interesada/o ou queres máis información, podes chamar ao número 986 127 949 ou ao 698 142 158, ou ben, mandar un correo electrónico a infoxaruma@gmail.com