Hortas Xaruma
A conciencia climática é un dos grandes valores da entidade e é por iso que este é un espazo moi especial para nós. É un dos maiores recursos da educación ambiental.
Todo comezou en 2013. Moi preto de nós había dous espazos verdes sen uso que se converteron nas primeiras hortas, entonces sen nome. A horta de Cíes era un xardín de roseiras e herbas que había que rozar cada pouco tempo. A horta de Ons era un conxunto de herba, paos, restos de araucaria e tubaxes dun antigo sistema de rego. Primeiro tocou limpeza, fresado, abono, definición de bancais, plantado e esperar.

Terreo en 2012
Foron meses de moita aprendizaxe. Primeiro, adestramos a paciencia, pois nada nace cando nós queremos, senón cando a natureza manda. Logo aprendimos a importancia do sistema de rotación, do rego, da distribución e do tamaño dos bancais. E o máis importante, aprendimos a traballar en equipo e a ser máis conscientes da nosa pegada ambiental.
A día de hoxe, hai notables cambios dos espazos que eran entonces, pero nós seguimos coa mesma ilusión que nese momento. Máis, se cabe.

ANTES: 2012 – DESPOIS: 2013
E, para que serven as hortas? Pois para educación ambiental.
- Actividade de rehabilitación con persoas do ámbito da saúde mental.
- Formación en xardinería e horticultura.
- Concienciación ambiental.
- Actividades con nenos/as de horta escolar.
- Formación a profesorado para traballar a horta como recurso pedagóxico.
- Autoconsumo de productos nas actividades de vida autónoma.
- Mellora de hábitos alimentarios.
- Acollida de voluntariado.
As hortas son un recurso aberto para utilizar todas e todos. Queres colaborar? Tes unha proposta que non esteamos levando a cabo? Queres doar ou intercambiar material? Queres formarte en educación ambiental? Queres que deseñemos a túa horta? Queres visitarnos?
Benvido/a ás hortas de Xaruma

- Superficie: 100 m2.
- 17 bancais horizontais en solo.
- Sistema de rotación en 4 tempos.
- 3 mesas de cultivo.
- Xardín de aromáticas.
- Fermosas vistas á ría.
- Cultivos sostibles, sen utilizar herbicidas nin aboados químicos.

- Superficie: 100 m2.
- 16 bancais horizontais en solo.
- Sistema de rotación en 4 tempos.
- Zona máis sombría.
- Cultivos sostibles, sen utilizar herbicidas nin aboados químicos.

- Superficie: 150 m2.
- Invernadoiro con 4 bancais en altura e 7 mesas de cultivo.
- 1 bancal de cucurbitáceas.
- Zona de compostaxe.
- Zona de vermicompostaxe.
- Viveiro de plantas.
- Sistema de rotación en 4 tempos.
- Cultivos sostibles, sen utilizar herbicidas nin aboados químicos.
«Que a terra está viva debería formar parte da linguaxe de todas/os. Somos solo, somos terra. O que lle facemos ao solo, facémonolo a nós mesmas/os.
Vandana shiva.
recoñecida física, pensadora e activista ecofeminista