Traballa na nosa Escola
OFERTA DE EMPREGO PSICOLOXÍA COMARCA MONFORTE DE LEMOS XANEIRO 2026
Requisitos esenciais:
- Licenciatura ou grao en Psicoloxía.
- Acreditación de dominio da lingua galega.
- Coñecementos básicos informáticos de ofimática e internet.
- Carné de conducir B1.
Terase en conta:
- Posesión de título oficial de monitor/a de actividades de tempo libre.
- CELGA 4.
- Buscamos unha persoa comprometida, con iniciativa e creativa, con actitude positiva e boa adaptación aos cambios.
Funcións principais:
- As funciones do posto desenvolveranse en colaboración e coordinación coa educadora social e o equipo da entidade.
- Avaliación e seguimento. Identificar necesidades psicosociais individuais, familiares e comunitarias.
- Atención directa. Acompañamento psicolóxico a familias e/ou a poboación adulta.
- Intervención grupal nalgún taller.
- Traballo interdisciplinar.
Condicións:
- Contrato temporal.
- Xornada de 10 horas semanais (Non obstante, unha vez se aprobe o acordo laboral a xornada pasará a ser de 9 horas semanais, sen necesidade de modificar o presente contrato).
- Horarios de luns a venres ( traballarase dous días á semana).
- Pódese traballar algún sabado, domingo de forma puntual (formacións, obradoiros…)
- 399 € bruto ao mes (pagas prorrateadas).
Entrevista:
- Entrevista persoal.
Para formar parte deste proceso selectivo, enche o seguinte formulario, adxuntando o teu currículum en pdf sen foto .
Antes do 27 de xaneiro do 2026

AUTOCANDIDATURAS
Gústache a docencia, cres no cambio social e o tempo libre o tomas como un modo de vida? Apostas por unha educación consciente e coherente co medioambiente? Gústache traballar con grupos? Tes algunha iniciativa ou proxecto innovador afín aos nosos obxectivos?
Fainos chegar o teu currículo a través deste formulario e teremos en conta a túa candidatura para futuros procesos selectivos.
Tan só admitimos currículos de autocandidaturas por esta vía.


















