Comezamos coa segunda quenda de maio! 

 Neste mes, festexamos o día das Letras Galegas, venres 17 de maio, acudindo a un Mercado de Arte no Calvario. 

De seguido, o sábado 18 visitaremos os famosos Títeres de Redondela

Comezamos a semana do luns 20 de maio co Grupo de mulleres e retomando a actividade de Radio

O venres 24, xunto a outras asociacións de Teis, celebramos a Festiña das flores no Barrio das flores. Partilla a información á túa veciñanza, amizade e familias. Xa que a esta festa toda a contorna está convidada! 

Tras a Festiña, o sábado 25 pasaremos un día máis tranquilo, vendo unha película no piso de Xaruma acompañada duns ricos flocos de millo. 

E para rematar, na última semana temos ensaio de Teatro o luns 27. Ese mesmo día, en Xaruma tamén desfrutaremos dunha actividade coa Asociación Semente

O último día do mes, 31 de maio, voltamos co Ciclo de Experiencias Sociais. Desta vez, as persoas de Alcohólicos Anónimos e de Al-Anon achéganse a falarnos do alcoholismo, así como da vivencia das persoas familiares de alcohólicos e alcohólicas. Esta actividade tamén é aberta á comunidade. 

Achégate ás actividades! 

🌼