FORMACIÓN OFICIAL. COMEZA EN MARZO
Gustaríache traballar con persoas e para persoas? Pertencer a proxectos de dinamización e intervención? Cres que a educación é o camiño para lograr grandes cousas? Disfrutas do contacto da natureza e ves nela un recurso valiosísimo? Pois este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.
Nós cremos que este curso é unha das mellores e maiores bases para desenvolver calquera profesión, estea ou non estea dentro do mundo da educación no tempo libre. Aportarache outra forma de ver e vivir as cousas, fomentará a túa creatividade, coñecerás cousas de ti mesma/o que descoñecías e, como non, coñecerás a xente que ve o mundo de forma moi similar a ti e que, seguro, pasan a formar parte da túa vida.
O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, das que se pode faltar un 20% (40 horas), e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).
Datas: 25 de marzo – 11 de xuño
Horario: sábados e domingos de 9-14 e de 15 a 20 (horario xeral). Dispoñemos dun espazo con microondas e menaxe para poder comer.
Lugar: Vigo (barrio de Teis). Liñas L5, C3, 10, 17 e 31 (Vitrasa). Aparcamento gratuito no recinto.
Requisitos: maior de idade con graduado escolar ou equivalente.
Contidos:
- Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
- Animación
- Educación para a Saúde
- Educación Medioambiental
- Organización e Recursos
Aportación: 270 € socios/as e voluntariado activo da entidade; 285€ tarifa ordinaria*
Reserva de praza (antes do 20 de marzo): 140/155
Segundo pago (antes do 20 de abril): 80/80
Terceiro pago (antes do 20 de maio): 50/50
Documentación a entregar:
– Fotocopia do DNI
– Fotocopia título graduado escolar ou equivalente
– Foto de carné
– Resgardo bancario
Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.
Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos e completo. No prazo máximo de 5 días enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.
Se aínda tes dúbidas consulta Preguntas frecuentes
* Non se devolverán os cartos salvo que o curso finalmente non se realice ou a praza sexa cuberta