Xa chegou marzo!!
Febreiro pasou voando ante os ollos peeeero aquí deixamos a quenda de actividades. Temos as actividades variadas de cada mes; novas tecnoloxías, radio, andainas, unha exposición, algo de cine… O “Grupo de Mulleres” traballará activamente o mércores 1 de 17:00h ás 18:00h. A actividade de Teatro” serán os mércores 1 e 15 en horario de 16:30h ás 19:30h e a actividade de “Xantares: da horta á cociña”  será o mércores 15 de 12:00h ás 16:00h. Lembrade que para as actividades dos sábados é necesario inscribirse previamente.

Animádevos a participar!