O Obradoiro de Igualdade consiste no desenvolvemento dun taller práctico no que reflexionar e traballar sobre termos relacionados coa igualdade.
Para a creación deste obradoiro pártese da diversidade dos grupos e do respecto ás diferentes narrativas. Levarase a cabo en Santiago de Compostela, durante o último trimestre do ano. As principais destinatarias son persoas con trastornos mentais.
OBXECTIVOS
- Fomentar o desenvolvemento dunha ollada crítica cara as construcións culturais do xénero.
- Educar no respecto á diversidade.
- Proporcionar ferramentas para detectar situacións de desigualdade ou vulneración dos dereitos.
- Concienciar da importancia dos coidados para poñer a conciliación e a corresponsabilidade no centro dos proxectos vitais.
- Dar a coñecer referentes para servir de inspiración e autodeterminación.
CONTIDOS
Módulo 1: Introdución
- Conceptos básicos ao enfoque de xénero (sexo, xénero, identidade, …).
- Feminidade e masculinidade.
- Mulleres nos medios de comunicación: canon estético, hipersexualización, cousificación.
Módulo 2: Usos do tempo e corresponsabilidade
- Usos do tempo.
- Fenda laboral e salarial.
- Corresponsabilidade. Carga mental.
Módulo 3: Referentes
- Referentes históricos
- Referentes actuais
Módulo 4: Autocoidado
- Sororidade.
- Autocoidado.
- Redes de coidado.