Vivir o teatro como ferramenta para cuestionar, accionar e contribuír na transformación da realidade que vivimos. O teatro d@s oprimid@s é un teatro social e comunitario, impulsado por Augusto Boal nos anos 60 no Brasil. Esta proposta artística, pedagóxica e política basease na idea de que todas as persoas somos artistas e podemos empregar o teatro como canle de reflexión e de construcción de outras realidades posibles.

A través de xogos participativos, analizaremos os roles, privilexios e os mecanismos de opresión que atravesan as nosas vidas, coa idea de reinventar a través do teatro o futuro que desexamos. O teatro d@s oprimid@s xera “espazos de liberdade” no que as persoas podan dar renda solta as súas lembranzas, emocións, imaxinación, experienciais, etc. Convírtese nunha ferramenta moi útil para sensibilizar e trazar alternativas para combater situacións de discriminacións por cuestión de sexo, orixe, cultura, identidade…coa finalidade de colectivizar ditas problemáticas.

Algúns dos contidos sobre os que imos traballar:

  • Xogos de dramatización: o corpo expresivo/o teatro coma linguaxe
  • Relacións de poder no noso cotiá
  • Interseccionalidade e diversidade 
  • Abordaxe dos conflitos de xeito colectivo e creativo

DIRIXIDO A: educadoras/es e monitoras/es que queiran empregar o T.O. como ferramenta educativa, así como ao público en xeral que teña inquedanzas polo teatro e a participación social.

DURACIÓN E HORARIO: sábado 24 de xullo de 10h a 14h

LUGAR: Sanjurjo Badía 79, Local Xaruma, Vigo.

MATERIAIS: é recomendable traer roupa cómoda.

APORTACIÓN: 12€ persoas socias ou 10€ tarifa ordinaria.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN

Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:

Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.

O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.

Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e, nos vindeiros días, recibirás un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir: