Bos días,

Dende a Asociación Xaruma buscamos crear unha rede de participación activa na comunidade, a través das interaccións sociais positivas.

Para iso gustaríanos aumentar a nosa familia mediante o traballo cooperativo de persoas voluntarias.

Se estás interesado ou interesada en coñecer novas realidades, gozar de espazos horizontais e positivos; non dubides en probar a experiencia.

As actividades programadas nas que nos gustaría compartir coñecementos e experiencias convosco son:

  • Actividade de horta ecolóxica: mantemento, plantación
  • Actividade de conciencia medioambiental
  • Actividade de estimulación cognitiva
  • Actividade de radio
  • Actividade Xantares: da horta a cociña
  • Actividade de Costura
  • Actividade de Informática

Contacta connosco para obter máis información e/ou revisa a web para informarche sobre as actividades e os seus obxectivos: https://xaruma.org/voluntariado/