Tal e como era prometido, volve o CAMIÑO DE SANTIAGO!!
Este ano 2021, ano Xacobeo, repetimos aventura facendo camiño polas terras galegas, descubrindo recunchos fermosos e mil historias que lembrar durante as nosas vidas.
O vindeiro 10 de xullo dará comezo a primeira etapa deste Camiño de Santiago portugués pola costa (Baiona-Nigrán).
Irémosvos informando, pero empezade a preparar as vosas mochilas para emprender unha das maiores experiencias das vosas vidas e, recordade, “non sabemos a onde vamos, pero vamos en camiño”👣🌱🦔
Camiño de Santiago portugués pola Costa:
1ª Etapa BAIONA – NIGRÁN. 10 de xullo do 2021
2ª Etapa NIGRÁN – VIGO. 31 de xullo do 2021
3ª Etapa VIGO-REDONDELA. 7 de agosto do 2021
4ª Etapa REDONDELA-PONTEVEDDRA. 21 de agosto do 2021
5ª Etapa PONTEVEDRA–CALDAS DE REIS. 11 de setembro do 2021
6ª Etapa CALDAS DE REIS-PADRÓN. 24 de setembro 2021
7ª Etapa PADRÓN-SANTIAGO DE COMPOSTELA. 9 de outubro 2021