O vindeiro sábado 10 de xullo iniciamos a marabillosa experiencia do Camiño. Convidámosvos a acompañarnos nesta 1ª etapa do Camiño de Santiago Portugués pola Costa: Baiona – Nigrán.

Sairemos de Vigo ás 11:00h da mañá en autobús cara a Baiona e voltaremos sobre as 19:00h no mesmo medio de transporte.

Durante a etapa, disfrutaremos das fermosas paisaxes, xantaremos nunha contorna espectacular e faremos algunha paradiña para contemplar os monumentos naturais e culturais que atopemos ao longo da nosa ruta.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Baiona-Ramallosa-1024x473.jpg
Baiona – Ramallosa
Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é ramaiosa-nigran.jpg
Ramallosa – Nigrán

Lembrade vir ben equipadas pero sen excesos de peso. Roupa e calzado cómodo, comida e auga, crema do sol e moitas ganas de pasar un día revitalizante.

O roteiro é sinxelo e apto para todos os públicos.

B O – C A M I Ñ O !!

Para anotarvos chamade ao teléfono 698 175 266 ou enviade un correo electrónico a etlxaruma@gmail.com

O destino é un mapa coa ruta que soñamos

Xohana Torres