Este sábado 7 de agosto continuamos coa fermosísima experiencia do Camiño; realizaremos a 3ª etapa do Camiño de Santiago Portugués pola Costa: Vigo-Redondela.
Durante aproximadamente 16 Km faremos a xornada dende o parque de Castrelos pola Senda do Lagares e chegaremos a Redondela pola Senda do Auga.
Quedamos na entrada do Instituto Santa Irene ás 11:00 horas da mañá e regresaremos sobre as 19:00 horas da tarde.