Este sábado 31 de xullo continuamos coa fermosísima experiencia do Camiño; realizaremos a 2ª etapa do Camiño de Santiago Portugués pola Costa: Nigrán – Vigo.
Durante aproximadamente 15 Km pasaremos a xornada rodeadas (coas indicacións e medidas necesarias) da mellor compañía que se poida ter, desfrutando dunha contorna espectacular e facendo algunha parada para contemplar os monumentos naturais e culturais que vaiamos atopando.
Quedamos na entrada do Instituto Santa Irene ás 11:00 horas da mañá e regresaremos sobre as 19:00 horas da tarde ao mesmo punto.
Esta etapa é sinxela e apta para todas as persoas. Lembrade vir ben equipadas con calzado e roupa cómoda e sen excesos de peso. Traede as credenciais, comida e auga para todo o día, crema do sol e moitas ganas de pasar un día de 10!!
B O – C A M I Ñ O !!
Para anotarvos chamade ao teléfono 698 175 266 ou enviade un correo electrónico a etlxaruma@gmail.com
O camiño é máis importante que aquilo que che levou a camiñar
o peregrino, paulo coelho