Se gostas da escrita como vía de expresión e creatividade, ou ben tes inquedanzas en experimentar novas canles de comunicación, achégate a tecer novos relatos e mundos con nós!!

A través deste obradoiro xeraremos un espazo de creación literaria que parta dende o autocoñecemento, a imaxinatividade e mesmo a ollada crítica, empregando recursos narrativos e poéticos.
Xogaremos coas palabras a través de propostas de exercicios individuais e colectivos, nos que poñer en activo a nosa creatividade e consciencia social a través das palabras: escribir sobre aquilo que nos da medo, sobre aquilo que desexamos, sobre aquilo que queremos transformar. Chegarémonos tamén as obras dalgunhas autoras actuais da literatura galega, repasando recursos literarios e reflexionando sobre as temáticas recollidas nas mesmas, afondaremos na escrita de poesía a través da fotografía e crearemos un fanzine colectivo.

DIRIXIDO A: persoas maiores de 18 anos.

DURACIÓN E HORARIO: Martes 20 de xullo de 18h a 20h.

LUGAR: Sanjurjo Badía 79, Local Xaruma, Vigo.

MATERIAIS: os materiais do curso están incluídos.

APORTACIÓN: 10€ persoas socias ou 15€ tarifa ordinaria.

MEDIDAS DE PREVENCIÓN

Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:

Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.

O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.


Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e, nos vindeiros días, recibirás un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir: