Para nós dicir radio é dicir comunidade, escoita activa, reflexión e pensamento crítico, cooperación, aprendizaxe colaborativa, canle de expresión e de acollida de voces diversas. Na ETL Xaruma cremos que a radio é unha ferramenta con moitas posibilidades para aplicar tanto no ámbito educativo como na intervención social, xa que promove a participación comunitaria, fomenta o desenvolvemento de habilidades comunicativas e creativas e pode ser unha vía para a sensibilización de problemáticas sociais.
Neste obradoiro de creación de podcast achegarémonos ás potencialidades que ten a radio como canle de transformación social. Algúns dos contidos sobre os que traballaremos son:
- Introdución ao mundo radiofónico
- Elaboración de contido didáctico
- Gravación dun podcast
DIRIXIDO A: educadoras/es e monitoras/es que queiran empregar a radio como ferramenta educativa, así como ao público en xeral.
DURACIÓN E HORARIO: Martes 27 de xullo de 18h a 20h.
LUGAR: Sanjurjo Badía 79, Local Xaruma, Vigo.
MATERIAIS: é convinte traer ordenador. No caso de non dispor de ordenador, a escola podería facilitar un.
APORTACIÓN: 10€ persoas socias ou 15€ tarifa ordinaria.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN
Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:
Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.
O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será usado polas mesmas persoas.
Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e, nos vindeiros días, recibirás un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir: