Películas
- El lado bueno de las cosas: Representación do trastorno bipolar a través dunha comedia romántica, na que duas persoas comezan unha relación.
- TOC TOC: Persoas con diversos problemas de saúde mental coinciden nunha sala de espera a espera do seu médico que non chega.
- Hasta los huesos: Amosa a realidade dos trastornos da conducta alimentaria a través da historia dunha muller que entra nunha comunidade terapéutica para a súa rehabilitación.
- Violet y Finch: Fala de problemas de saúde mental coma a depresión e outros procesos como o duelo dende a perspectiva de do/as mozo/as.
- Una historia casi divertida: Un mozo e ingresado no hospital debido a un trastorno depresivo e os pensamentos suicidas. Mostra diferentes formas de manifestar a depresión e a importancia da normalización dos problemas de saúde mental.
- Cisne negro: Nesta historia dunha bailarina obsesionada co seu traballo pódense ver as consecuencias do estres e dun trastorno de identidade disociativa.
- El maquinista: Conta a situación dun home cun grave problema de insomnio e os efectos na saúde mental que este ten, coma amnesia ou delirios.
- Big Fish: Fala dun home con trastorno de personalidade e como o seu fillo intenta a reconciliación.
- Los juegos del destino: Un home despois de perder o seu traballo e a súa muller pasa un tempo nunha institución mental debido a un trastorno bipolar. A continuación quere volver a súa vida.
- Melancolía: É a historia dun grupo de personaxes e como lles afecta o fin do mundo. Con respostas e consecuencias coma a depresión moi diferentes.
- El aviador: Unha figura pública de éxito esconde un posible TOC e outras afeccións debidas a danos cerebrais por accidentes aéreos.
- Las horas: Historia de tres mulleres que buscan unha vida máis significativa e están conectadas co suicidio de unha ou outra forma.
- El club de los cinco: Cinco estudantes comparten os seus traumas e danse conta de que os problemas de saúde mental aféctanos a todo/as.
- Elling: Amosa a reforma asistencial psiquiátrica dende a óptica do enfermo mental.
- Spider: A película proponos un viaxe ao interior da mente dun ser humano diagnosticado con esquizofrenia e ver e sentir o mundo a través de el.
- The Soloist: Un home que chegou a un punto morto na súa vida traza relacións cun vagabundo que toca o violín e que ten un diagnóstico de esquizofrenia.
- Shine, el resplandor de un genio: Narra a historia dun pianista cunha carreira de éxito truncada a raíz dunha enfermidade mental, logo dun período comeza a reintegrarse na sociedade.
- Las vírgenes suicidas: Historia dunha familia que vive en aparente harmonía ata que unha das irmáns quítase a vida.
- Inocencia interrumpida: Unha moza é ingresada nun hospital psiquiátrico despois dun intento de suicidio e alí coñece persoas con outros problemas de saúde mental.
- Tres colores: Narra a historia dunha muller que perde o seu marido e a súa filla nun accidente, que pasa por un intento de suicidio e o inicio dunha depresión.
- Alguien voló sobre el nido del cuco: Denuncia sobre o trato no pasado as persoas ingresadas en institucións psiquiátricas.
- Los renglones torcidos de dios: Unha muller entra nun hospital psiquiátrico finxindo unha paranoia, a estancia faralle dubidar da súa cordura.
- Loco por ella: Comedia romántica na que os protagonistas están nun psiquiátrico, nesta película móstrase a realidade de diferentes problemas de saúde mental.
- Un don excepcional: Un home cría a súa sobriña con capacidades extraordinarias para as matemáticas.
- Awakenings: Baseada na autobiografía dun neurólogo que relata a historia real do seu descubrimento farmacolóxico dun tratamento para algúns doentes catatónicos.
- Pequeña miss sunshine: Conta a historia dunha familia que fai un viaxe xuntos nunha furgoneta. O avó consume cocaína, o pai fracasa no seu traballo, a nai non da abasto, o tío estase recuperando dun suicidio frustrado, o fillo garda un mutismo absoluto e a filla pequena quere ser reina da beleza. Durante o traxecto teñen que facerlle fronte o duelo, os estereotipos da beleza e outras numerosas situacións que ben poderían facerte rir ou chorar.
- La habitación: Despois de moitos anos vivindo nunha soa habitación, privados de liberdade debido a un secuestro, nai e filla volven ao exterior. Móstrase as consecuencias do trastorno de estrés pos traumático e a adaptación a “vida normal”.
- Sempre Alice: Película que conta a historia dunha muller con alzheimer e a sobre protección da súa familia, tamén fala do duelo e do suicidio.
- Vivir dos veces: Comedia dramática na que o seu protagonista, un home con alzhéimer quere atopar o seu amor da xuventude antes de esquecerse dela.
- Posdata, te quiero: Fala do duelo a través dunha historia romántica dunha muller e o seu defunto esposo.
- Coco: Película para nenos e adultos que trata temas tan diversos como o duelo, o perdón, as dificultades na comunicación e os traumas non resoltos.
- Inside out: A través da historia dunha nena que múdase, aprendemos as diferentes emocións, a identificalas e a xestionalas.
- Ejecutivo agresivo: A través dunha comedia fálase da xestión emocional.
- Campeones: Por unha sentencia un adestrador de baloncesto ten que facerse cargo dun equipo de persoas con discapacidade. A través desta historia de humor rómpense moitos estereotipos deste colectivo.
- Yo soy sam: Un home con discapacidade intelectual cría a súa filla sen apoio da nai.
- Rain man: Un home coñece ao seu irmán con diagnóstico de autismo despois da morte do seu pai. Como quere ter decisión na fortuna do seu pai, leva ao seu irmán a vivir con el.
- Wonder: Un neno con síndrome de Treacher Collins empeza a estudar nun colexio por primeira vez, onde é discriminado. O obxectivo do neno e acabar coas barreiras que a sociedade lle pon no camiño.
- Los principios del cuidado: Un home atormentado polo seu pasado coida a un chico de 19 anos en cadeira de rodas con distrofia muscular e emprenden unha viaxe xuntos.
- Intocable: Trata a diferenza entre incapacidade e discapacidade a través da historia dun home rico tetrapléxico e o seu coidador.