Documentais
- Y si te dijeran que puedes: Sergio, Bea, Gonzalo, Emilio e Fernando son de xeracións distintas, teñen gustos moi diferentes e sen embargo, e a pesar dos seus esforzos, a sociedade tende a agrupalos baixo a mesma etiqueta, a dos enfermos mentais.
- Los rostros de la enfermedad: Testemuñas de persoas con enfermidade mental, familiares e profesionais nun documental da Asociación “El Puente de Valladolid”.
- Estar en el mundo: Documental sobre a recuperación e normalización de persoas con trastornos mentais no seu entorno comunitario.
- Desconectados: O documental acércanos con testemuñas á vida de sete persoas con enfermidade mental, analizando a importancia do tratamento asertivo-comunicativo para a súa inserción social.
- La enfermedad mental no excluye: Videoclip sobre normalización dos trastornos mentais realizado polo ESM de Plasencia.
- Rufus May, el doctor que oye voces: Un psicólogo clínico diagnosticado de esquizofrenia, recrea o tratamento sen fármacos durante un ano dunha pacinte. O home ten alucinacións auditivas, ideas delirantes e conductas auto líticas.
- El reverso de la realidad: Propón a contemplación como a mellor vía para entender ás persoa con enfermidade mental e derribar falsos mitos.
- Boy interrupted: Evan Perry suicidouse os quince anos. Mediante fotos, vídeos e entrevistas, a súa nai, Danna Perry, decidiu contar a súa historia; documental que investiga o complexo trastorno bipolar de Evan e o impacto da súa morte.
- La mente de un enfermo: O documental explica como é e porque ocorre a ansiedade, os síntomas e os tratamentos actuais.
- El revés del tapiz de la locura: As mesmas persoas que teñen un diagnóstico mental realizan entrevistas a diferentes profesionais do medio da saúde mental, comunicación e entorno social de Barcelona.
- Libera tu mente: Rompe mitos sobre a enfermidade mental.
- El camino hacia la ciudadanía: O documental reflexa como as persoas con trastornos mentais toman parte activa do proceso de inclusión social para ser persoas con plenos dereitos. Á vez, mostra a interrelación necesaria dos diferentes recursos de atención social en saúde mental, así como a labor das/os profesionais que forman parte.
- Sueño igual que tú: Documental sobre a vida das persoas en Faisem. Durante 42 minutos nos presenta 5 historias cargadas de valor, loita y superación.
- Trastorno bipolar: las dos caras de la enfermedad: Reportaxe da Universidade Nacional de Educación a Distancia sobre o trastorno bipolar, con testemuñas de profesionais, investigadore/as e afectado/as.
- Aquí el enfermo es el jefe: O documental pon de manifesto os efectos que un singular método proporciona o/as enfermo/as de esquizofrenia.
- Estigma y atención a la salud general en la atención a las personas con enfermedad mental: Vídeos realizados no marco do Plan Integral de Salud Mental de Andalucía sobre o estigma da saúde mental co asesoramento do Grupo de Sensibilización sobre Salud Mental de Andalucía.
- Estigma y salud mental: Da voz a persoas que teñen unha enfermidade mental e amosan os problemas que encontran na sociedade polo feito de padecela.
- Imaginarium: Aborda a realidade das persoas que viven cunha enfermidade mental .
- Uno por ciento esquizofrenia: Achegamento a unha enfermidade que hoxe en día afecta a máis de 52 millóns de persoas en todo o mundo.
- Una cierta verdad: Durante un período de case dous anos, as vidas de cinco personaxes se entrecruzan no entorno do servicio de saúde mental dun hospital.
- La mente en pocas palabras: Miniserie web estadounidense do 2019. Os episodios están orientados a responder as grandes preguntas sobre cinco temas: memoria, soños, ansiedade, conciencia e alucinóxenos.
- One Nation Under Stress: Neste documental, o Dr. Sanjay Gupta investiga os motivos do recente decaemento na esperanza de vida en Estados Unidos ante mortes por suicidio, cirroses e sobredoses.
- La voz interior: Documental da Asociación Aragonesa “Pro Salud Mental” de Zaragoza no seu 25 aniversario.
- Viaje de la empatía: Documental sobre o poder das emocións.
- Asylum: Documental de 1972 escrito e dirixido por Peter Robinson sobre unha comunidade terapéutica para persoas con esquizofrenia.