Proxecto FIARES

En outubro de 2020 iniciamos o proxecto FIARES, con diversos espazos nos que se acompañan ás familias coidadoras en distintos aspectos:

· Espazo Adestra a túa Mente

· Espazo Traballando Dende Casa

· Espazo Novas Tecnoloxías

· Espazo Nós Mesmas

· Atencións Individualizadas e Personalizadas

Dentro do espazo Nós Mesmas, iniciouse o obradoiro de Consciencia e Coidado Emocional, creado para proporcionar unha experiencia educativa para o benestar e o autocoidado de mulleres coidadoras, dentro dun clima agradable e de bo humor.

“O máis revolucionario que unha persoa pode facer é dicir sempre en voz alta o que realmente está a ocorrer”.

ROSA LUXEMBURGO

Se estás interesada/o ou queres máis información, podes chamar ao número 986 127 949 ou ao 698 142 158, ou ben, mandar un correo electrónico a infoxaruma@gmail.com