Na procura dunha terra máis ecolóxica e natural, lanzamos unha formación para o vindeiro 20 de xullo.
Trátase dun curso en forma de obradoiro onde aprenderemos a elaborar xurros ecolóxicos para coidar a nosa horta sen necesidade de utilizar químicos agresivos e poucos naturais, tanto para nós como para o medioambiente.
Cando fumigamos unha planta con produtos químicos non ecolóxicos e logo a comemos, estamos consumindo substancias tóxicas como aluminio ou o bario, entre outras, que poden causar en nós múltiples enfermidades.
Se queres coñecer como tratar diferentes plagas ou como facer fertilizantes ou enraizantes de forma ecolóxica… Apúntate á nosa formación e comeza a cambiar os teus hábitos de coidado.
Poderemos practicar a aplicación na nosa horta. Entregaremos de forma dixital todas as receitas usadas e algunha máis que vos poida interesar.
Data: 20 de xullo
Horario: 10 a 13 h.
Lugar: Vigo (barrio de Teis). Dispoñemos de aparcamento e parada de Vitrasa na entrada.
Aportación: 15€ persoas socias, 18€ persoas non socias. Asóciate!
Inscríbete enchendo o formulario: