Do 3 ao 9 de xuño unímonos ao boicot ao plástico. Demostraremos que, facendo pequenos cambios de hábitos, podemos reducir enormemente o consumo de plásticos. Contamos contigo?

A destacar tamén este mes que continuamos co obradoiro de barro que comezamos o pasado mes. Aínda que os comezos poden ser desesperantes, todas coincidimos en que se adestra moito a paciencia, a constancia e a creatividade. Xa vos amosaremos as nosas grandes obras… Todo ao seu tempo.

Agardámoste!