Setembro está á volta da esquina!

En Xaruma imos recibir o próximo mes argallando o XARUCAMPA!!!

Unha proposta de conciliación familiar na primeira semana de setembro (do 2 ao 9), para rapazada de 4 a 12 anos, na que poder despedir o verán de xeito lúdico e divertido.

Contaremos con diversos obradoiros (barro, reciclaxe, horta, cociña…), xogos cooperativos, gymkanas e outras sorpresiñas máis. Así mesmo incluiremos o servizo “trae o teu tupper”, de xeito que as rapazas e rapaces poidan almorzar e xantar no propio campa.

O campa será de luns a venres de 08:00h ás 15:00h e o custe será de 65€ se escolledes a opción de campamento completo ou de 12€ se vos anotades días soltos. Chámanos para máis información ou pásate polo local para facer a inscrición!