Martes, 30 de maio de 2023 de 15:00 a 19:00h

LOCALIZACIÓN: Diferentes zonas de Santiago de Compostela

Obxectivos

● Adquirir ferramentas para a escolla, coidado e mantemento da roupa, calzado e materiais necesarios para as actividades.
● Planificar as compras para evitar gastos innecesarios e fomentar o consumo responsable.
● Resolver dúbidas e adquirir hábitos de vestimenta axeitada á actividade que se vai a desenvolver.
● Desfrutar dun momento agradable e distendido.

Descrición da actividade

Esta actividade deseñouse tras observar que varias persoas usuarias presentan dificultades á hora de escoller o vestiario para realizar as actividades nas que participan (andainas, clases de cociña, actividades
deportivas e tamén á hora de mercalas, saber como deben vestirse ou como realizar o mantemento e transporte das mesmas.
Por estas razóns, orientase a actividade deste mes a unha xornada de organización e compra de prendas e calzado, na que as persoas usuarias poidan resolver dúbidas e crear, conxuntamente, ferramentas que os axuden a solventar estas dificultades (crear un horario con rutinas para saber como e cando vestirse ou empregar determinados elementos, pautas e consellos…).
Tamén se elaborarán pautas para o coidado e mantemento da roupa e o calzado. Esta primeira parte relizarase na propia vivenda dos participantes. A segunda terá lugar nos establecementos comerciais onde se realizará un acompañamento á hora de adquirir os materiais e roupa precisos, resolver
dúbidas co persoal da tenda…
Ao finalizar a xornada, realizarase unha merenda na que se falará do desenvolvemento da tarde e se recollerán propostas para posibles actividades de lecer futuras.