A compañía XANELA está pola súa 2ª edición neste curso 22-23. Esta compañía está formada pola comunidade do IES Chapela (alumnado do CM de Atención a persoas en situación de dependencia e dos CS de Integración Social e Educación Infantil), a ESADg (Escola de Arte Dramática de Galicia)e a asociación Xaruma. Todas xuntas, reivindicamos a educación como un espazo aberto ao diálogo e ao servizo da comunidade no que a inclusión é o eixo irrenunciable dunha boa vida.
Este ano, estreamos “Disparos de Luz“: no eterno conflito entre o ben e o mal, o amor e a guerra, Eros e Tánatos, tamén hai un espazo para a diversidade. Pero como defendemos o amor como antídoto contra a guerra nesta sociedade hiperdixitalizada? “Disparos de Luz”, froito da colaboración entre Xaruma, o IES de Chapela e a ESADG, é un catálogo de personaxes alegóricas creadas a partir da Intelixencia Artificial, unha colección de estampas semellantes ás cartas do tarot, un álbum de cromos exposto como un museo teatral onde o público ordena o caos construíndo a súa propia historia.
Venres 2 de xuño ás 19:30h no Multiusos de Chapela
Esperámosvos!