Apetécevos pasar un sábado diferente?
Como cada ano, temos unha excursión que ofrecervos dentro do programa da Deputación “En ruta coa Depo”.
Nesta excursión, do día 6 de octubre visitaremos:
- Castro de Toiriz: Xacemento castrexo da época de ferro (Século VI a.C.), sito nun montículo a 477 metros sobre o nivel do mar con fermosas vistas do Val de Tabeirós e das Terras do Deza, no que observaremos o aspecto circular do xacemento e apreciaremos claramente as súas murallas defensivas.
- Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro: Situado o carón do río Deza, constitúe un dos monumentos máis característicos do arte medieval galego do século X, influenciado polas manifestacións artísticas compostelanas, en concreto polo estilo que o Mestre Mateo, desenvolveu na Catedral de Santiago.
- Fervenza do río Toxa: Fermoso espectáculo de auga, luz e son. É considerada a fervenza máis alta de Galicia en caída libre. No seu entorno observaremos unha ampla diversidade tanto de flora como de fauna autóctona do lugar.
- Escenarios da serie “El final del camino” : Serie contextualizada a finais do século XI, en torno os primeiros anos da construcción da Catedral de Santiago, no que os protagonistas son tres irmáns de Catoira. A trama transcorre nunhas circunstancias históricas reais e as súas andanzas son un repaso pola historia de España. Rodouse íntegramente en paraxes de Galicia, a catedral, a muralla, o hospital, montes, camiños, ríos ou a Basílica de Alfonso XIII foron recreadas na provincia de Pontevedra, e outras na de Ourense e na Coruña. Nos visitaremos algúns destes lugares tan fermosos da nosa terra.
Para apuntarvos, simplemente cubride o formulario que aparece máis abaixo. É moi importante enchelo cos datos de NOME COMPLETO, D.N.I. e TELÉFONO. No caso de haber algunha persoa con mobilidade reducida con necesidade de transporte adaptado, así como alerxias ou intolerancias alimentarias, rogámosvos nolo comuniquedes no apartado de observacións. Tamén é importante que nos comuniquedes as inscricións dos menores de 18 anos.
So se pode facer unha inscrición por formulario e a data límite para realizala finaliza o día 21 de setembro. Se vos queredes anotar máis persoas xuntas, no apartado de observacións indicar os datos persoais do resto (Nome, D.N.I., teléfono e intolerancias ou alerxias de ser o caso).
O prezo é de 12€. En caso de haber menores, deberedes comunicalo, aínda que este ano o precio tamén é de 12€ para os menores.
O pago realizarase únicamente por transferencia bancaria no prazo de 3 días hábiles unha vez confirmada a praza. O número de conta enviarase o confirmar a praza.
O bus sairá ás 09:30 do Centro Comercial A Laxe e voltará arredor das 19:30h ó mesmo lugar.
Se queredes pasar un día diferente, coñecer o noso entorno e xente nova, non o dubides, vente connosco! O pasaremos xenial!
Apresúrate! Hai prazas limitadas!
Non podes faltar!
IMPORTANTE: Non se devolverán os cartos salvo que a excursión finalmente non se realice ou a praza poida ser cuberta.