Coincidindo co final do verán, faremos unha excursión para coñecer a máis descoñecida das illas do noso Parque Nacional, a Illa de Cortegada, situada no Concello de Vilagarcía, fronte a poboación de Carril. Nela faremos unha ruta guiada para coñecer o bosque de laurisilva máis grande da Península ou a pequena aldea abandonada onde vivían os antigos moradores desta illa.