O vindeiro 18 de setembro retomamos o Obradoiro de coidados e masculinidades, onde se traballarán os diferentes contidos:
- O Bo trato. O contrato persoal e grupal polo bo trato.
- Autoestima e saúde mental.
- Amor e vencellos de amor.
- Educación afectivo- sexual.
Os obxectivos deste obradoiro son:
- Promover hábitos de vida saludable.
- Promover a autoestima e o bo trato.
- Promover a mellora das relacións a través da educación afectivo – sexual.
- Promover os coidados propios e alleos.
- Reflexionar sobre os privilexios
Impartido por: José Expósito Alcocer
Formación sen custe para as persoas participantes
Actividade subvencionada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo