Sempre pensaches en darlle uso a esa máquina de coser que tes sen usar na casa? Queres facer as túas propias prendas e proxectos téxtiles? Este é o teu curso! As persoas participantes adquirirán destreza coa máquina de coser, coñecerán os diferentes materiais necesarios para iniciarse na costura, diferentes tipos de tecidos e realizarán en cada unha das sesións un pequeno proxecto para levarse a casa ou aprenderán técnicas específicas.
CONTIDOS
PRIMER TRIMESTRE : outubro, novembro e decembro. 6 sesión de 3,75 hs cada unha. Total de 22,5 horas. 50 euros ao mes ou pago único de 135 euros
1ª sesión: uso da máquina de coser, materiais para costura, tipos de tecidos. Práctica coa máquina. Proxecto de funda de coxín.
2ª sesión: Poñer cremalleiras. Proxecto de neceser e carteiriña.
3ª sesión: Uso da remalladora. Proxecto de mochila saco.
4ª sesión: Clase sobre tipos de Tecidos e proxecto de mandilón xaponés.
5ª sesión:Técnicas: diferentes formas de poñer un bies
6ª sesión: Clase teórico- práctica.Proxecto de Kimono e iniciación patronaxe.
2º TRIMESTRE : Xaneiro, febreiro, marzo. 6 sesións de 3,75 horas cada unha. Total de 22,5 horas. 50 euros ao mes ou pago único de 135 euros
7ª sesión: Clase Teórica Patronaxe: saia base
8ª sesión: Clase teórico-práctica. Modificacións Saia ( evasé, cintura baixa) Base e coser Glasilla ( practicar pinzas e ver se o patrón precisa modificacións)
9ª sesión: Clase técnicas: cremalleiras
10ª sesión: Proxecto saia base ( escoller tipo de cremalleira e facer vistas)
11ª sesión: Mochila I ( asa regulable, forrada, cremalleira, peto escondido)
12ª sesión: Mochila II
3º TRIMESTRE (Abril, maio e xuño): 6 sesións de 3,75 hs cada unha. Total de 22,5 horas. 135 euros)
13ª sesión: Clase teórica: Patronaxe corpo base
14ª sesión: Clase teórico-práctica: Glasilla corpo base e modificacións de patrón (escotes, ignorar pinzas, facer máis ancho, manga semipegada)
15ª sesión: Proxecto vestido/blusa
16ª sesión: Técnicas peches + rematar blusa
17ª sesión : Presentación Proxecto Persoal + execución 1
18ª sesión: Proxecto persoal execución 2
*As datas e os proxectos poderían sufrir modificacións*
DIRIXIDO A: maiores de 18 anos.
DURACIÓN E HORARIO:
Grupo MARTES TARDE
Primeiro trimestre: Martes de 16:15 a 20:00 hs. Datas 10 e 24 de outubro, 7 e 14 de novembro, 12 e 19 de decembro.
Segundo trimestre: Martes de 16:15 a 20:00 hs. Datas 9 e 16 de xaneiro, 6 e 20 de febreiro, 5 e 19 de marzo
TITORÍAS: No primeiro trimestre 2 novembro e 5 de decembro. No segundo trimestre 28 de febreiro e 12 de marzo
2 sesións ao mes de 3,75 horas cada unha. Total curso anual 18 sesións. Inclúe dúas sesións de titoría cada trimestre, temario por escrito, vídeos explicativos e un grupo de WhatsApp para dúbidas.
Máximo 6/7 persoas por grupo.
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: Xaruma aportará o costureiro básico, máquinas, os fíos e mobiliario adecuado. O alumnado terá que traer os tecidos para os proxectos e se prefire a súa propia máquina.
APORTACIÓN: Pago fraccionado 50 euros ao mes/ Pago único con desconto 135 euros ao trimestre
IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.
Non se devolverán os cartos, excepto que o curso o final non se realice ou a praza sexa cuberta