Este martes 17 de setembro temos unha xornada moi especial de formación e de convivencia coas persoas voluntarias.
A partir das 17:30h, no local Xaruma, realizaremos unha formación sobre saúde mental moi dinámica para as persoas voluntarias da entidade, compartiremos as nosas experiencias sobre as nosas accións de voluntariado e levarase a cabo algunha que outra actividade de coñecemento grupal.
Precísase confirmación de asistencia.
O máis satisfactorio na vida é ser capaz de dar gran parte dun mesmo/a aos demais
PIERRE TEILHARD DE cHARDIN