Unha das actividades de integración que facemos son os obradoiros artísticos, e dentro de estes o talleres de artesanía téxtil, arte téxtil e costura. Ademais na área de formación externa ofrecemos cursos anuais de iniciación a costura, onde as persoas participantes aprenden costura e patronaxe para facer a sua propia roupa e complementos.

O pasado mes fixemos un chamamento a tendas de máquinas de coser para posibles doazóns, coa intención de mellorar o equipamento do taller téxtil. Obtivemos resposta de Seoane Téxtil, unha empresa de Arteixo ( A Coruña) que doarán para a asociación tres máquinas de coser e materiais.

O Próximo día 13 de setembro realizaremos un acto de agradecemento e a entrega deste material nas nosas instalacións, acompañado dun obradoiro de téxtil coas persoas participantes. Tamén recibiremos a visita de a revista A Movida que coñecerán as nosas instalacións e faran unha reportaxe.

Animamos a todas as persoas participantes de Xaruma, alumnado de costura e publico xeral a acudir!!!