Os nosos xabóns están elaborados artesanalmente e non conteñen fragrancias artificiais. Cunha textura cremosa, estes xabóns naturais únicos, manteñen perfectamente hidratada a pel grazas a que conteñen propiedades importantes para o noso corpo. Diferentes tamaños, diferentes formas e diferentes aromas!

*XABÓNS DE CAFÉ:  Exfoliante e anticelulítico grazas ao café que leva na súa composición. Ten un alto poder desodorizante, é un potente estimulante da circulación e axuda a eliminar a graxa.
Ingredientes: aceite de oliva virxe ecolóxico, aceite de améndoas, auga en infusión de café ecolóxico, hidróxeno de sodio e aceite esencial de menta.

*XABÓNS DE LAVANDA: Proporciona unha sensación de relaxación despois do seu uso. Entre as súas propiedades destacan a de ser cicatrizante, perfecto para cortes, ademais de ser un magnífico tonificante que axuda a manter a flexibilidade e estabilidade da pel.
Ingredientes: aceite de oliva virxe ecolóxico, auga de infusión de lavanda ecolóxica, hidróxido de sodio, planta seca de lavanda e aceite esencial de lavanda.

*XABÓNS DE ROMEU: Adstrinxente e antiséptico, está indicado especialmente para persoas de pel graxa. É hidratante, exfoliante, antiiflamatorio e ideal para utilizar despois de facer exercicio, xa que calma as dores musculares.
Ingredientes: aceite de oliva virxe ecolóxico, auga en infusión de romeu ecolóxico, hidróxido de sodio, planta seca de romeu e aceite esencial de romeu.

*XABÓNS DE SALVIA: Excelente antiséptico, regulador da transpiración e axuda a eliminar o acne. Deixa a pel visiblemente máis brillante.
Ingredientes: aceite de oliva virxe ecolóxico, aceite de améndoas, auga en infusión de salvia, hidróxido de sodio e aceite esencial de salvia.

*XABÓNS DE CACAO: Destaca a gran propiedade antioxidante e o poder que ten de manter a pel máis rexuvenecida.
Ingredientes: aceite de oliva virxe ecolóxico, aceite de améndoas, auga en infusión de cacao ecolóxico, hidróxido de sodio e aceite esencial de árbore de té.

*XABÓN DE HERBA LUÍSA E ALFÁBEGA: Potente antiséptico e rexenerador da pel.
Ingredientes: aceite de oliva virxe ecolóxico, oleato de alfábega, aceite de cacahuete ecolóxico, auga en infusión de herba luísa, hidróxido de sodio e aceite esencial de limón.

*XABÓN DE ROMEU E ALFÁBEGA: entre as múltiples propiedades que ten, cabe destacar o seu poder antiinflamatorio e antibacteriano.
Ingredientes: aceite de oliva virxe ecolóxico, oleato de alfábega, oleato de romeu, aceite de améndoas, auga en infusión de romeu, hidróxido de sodio e aceites esenciais de romeu e de gaulteria.