Sábado, 30 de setembro de 2023 de 16:00 a 20:00h
LOCALIZACIÓN: CGAC, Museo do Pobo Galego e, Parque de Bonaval
Obxectivos
● Realizar actividades de lecer en grupo diferentes ás habituais.
● Desfrutar dun momento agradable e distendido.
● Visitar diferentes tipos de actividades e recursos culturais gratuítos en Santiago de Compostela.
● Celebrar diferentes efemérides.
Descrición da actividade
A actividade consistirá nunha saída cultural para celebrar a chegada do outono coincidindo tamén co trixésimo aniversario do CGAG e a celebración dunha foliada enmarcada dentro da Xornada A voltas co baile localizada no xardín do Museo do Pobo Galego, en Bonaval. A escolla destas localizacións débese á demanda de varias das persoas participantes de realizar visitas nestes dous museos composteláns,
aproveitando a celebración de actividades ao aire libre e das exposicións do seu interese.
A xornada comezará realizando unha visita a algunhas das exposicións que alberga o CGAC na actualidade, tras a escolla das persoas participantes. A tarde proseguirá na visita á exposición fotográfica itinerante “Habitabilidade e saneamento na India rural”, da Fundación Vicente Ferrer. Para finalizar a xornada, achegarémonos á foliada que se celebrará ao carón dos dous museos, no parque de Bonaval, onde daremos a benvida ao outono na compaña da veciñanza e a música.